Despois dun curso diferente e bastante duro, no que todos aprendimos un montón de cousas novas, a recomendación máis importante que vos fago para este verán é que descansedes e dediquedes o voso tempo a xogar, saír a pasear, facer exercicio, estar cos amigos e a familia....
Ademáis vos deixo consellos e propostas miles por se non vos queredes aburrir.
Ademáis vos deixo consellos e propostas miles por se non vos queredes aburrir.
1.- A primeira recomendación ven en forma de lista de actividades para pasar un verano TOP. Se premedes sobre ela podedes imprimila e ir tachando aquelas que fixestes para contárnolo en setembro.
2.- Para aqueles un pouquiño máis académicos, déixovos unha ficha con caderniños de distintas actividades para facer. Especialmente interesantes son os de desenvolvemento da intelixencia.
3.- Nesta terceira recomendación déixovos enlaces a distintas páxinas onde podedes atopar recursos de todo tipo e xogos moi interesantes.
A última, pero non menos importante recomendación é que acompañedes os vosos días de verán coa lectura de libros interesantes. Podedes vivir grandes aventuras e viaxar a mundo máxicos, imaxinarios ou reais, ao mesmo tempo que aprendedes moitísimas cousas. No blogue da biblioteca do cole tedes recomendacións.
QUE TEÑADES UN SANO E FELIZ VERÁN !!!!!!!!!!