xoves, 11 de xuño de 2020

XOVES 11 de xuño

Empezamos un novo día de traballo lixeiro . Que vos teremos preparado para hoxe? Pois cousa fácil e cousa divertida, sí señor. Así que veña, con ilusión e forza, premede nas pestanas! Empezamos!!


  • LENGUA CASTELLANA.
Seguimos activando a nosa intelixencia. Se o martes foi o turno da memoria hoxe lle toca á ATENCIÓN. Hay que ser observadores e pacientes e non querer facer todo a carreiras porque así non sae ben.
Lembrades o cartel grande que tiñamos na clase encima da pizarra dixital? Estaba relacionado co tema de hoxe. Vouvos facer tres preguntas a ver se sodes observadores ou non e que tal funciona a vosa memoria. Se sabedes as respostas, poñédeas nos comentarios. A ver quen é @ primeir@ en responder ben!!
                      .- De que cor era?
                     .- Que tiña debuxado?
                     .- Cal era a palabra que aparecía no cartel?

Agora imos facer uns exercicios de  atención e concentración. A xogar!!!

                                    PON ATENCIÓN

  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Mira que son divertidos estes xogos. Hoxe lle toca o turno aos euros. Imos comparar prezos e despois facer un par de puzzles.

                                    COMPARA PRECIOS


  • NATURAIS
Imos ver un relaxante video sobre como medran as plantas a cámara rápida. Logo vas poñer a proba o que sabes delas cunha sopa de letras.

                                  AS PLANTAS


  • EF
Rematamos este día tan activo mentalmente, activando o corpo. As propostas de EF sempre son moi variadas e interesantes. 

                                          ¡VAMOS A MOVERNOS! Día 26

E xa nada máis por hoxe. Déixovos que levo un cacho intentando facer o pino. E que non me sae!!! 

Imagenes De Lechuzas Con Movimiento | Imagenes de lechuzas ...

4 comentarios:

  1. Era de cor verde, tiña debuxado unha orella e un ollo e dicía ATENCION. Creo que era así pero como xa pasou tanto tempo...

    ResponderEliminar
  2. Era de cor verde tiña un ollo e unha orella e arriba poñía en letras grandes
    ATENCION

    ResponderEliminar
  3. Que boa memoria visual tedes os dous!!! Noraboa!!! Efectivamente era como decides. Moi ben os dous, Hugo e Andrea!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Gracias Natalia eu tamen me acordo de que nos decías en broma que nos ias a tirar bolas de plástico para que atendereramos na clase ����

    ResponderEliminar