Andades todos por ahí?? Chegamos de novo ao último día lectivo da semana. Que rapido van!! Hoxe temos unhas propostas lixeiras porque as forzas e as ganas xa van faltando. Pois veredes que cunha pouquiña atención, hoxe rematades prontiño.
Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente así que algunha das nosas propostas irán encamiñadas a tratar este tema.
Antes de nada quero lembrarvos que esta semana recollíamos as probas de galego, que eran 4. Así que se aínda non enviaches algunha delas só che queda hoxe para facelo. Eran:
. Proba de comprensión lectora: Ruidos na noite
. Expresión escrita: O trasno
. Proba de comprensión oral: O accidente de Sonia
. Gravación contando un suceso.
- LENGUA CASTELLANA
Volvede á ficha de onte para rematala. Pode que vos quedase algún video sen ver ou algún xogo sen practicar. Ou pode que algún che gustara moito e che apeteza repetilo.
- MÚSICA
Hoxe tedes unha ficha divertida na que lle tedes que contar á profe cales son os vosos gustos musicais. Que lle vas contar? Mira primeiro o que vos propoñen e logo falade de vós.
Vales musical
- ENGLISH
It´s Friday!!!!! And it´s the World Environment Day!!!! So you can also celebrate it in English!
EnglishVales
- RELIXIÓN CATÓLICA
Primeiro comprobade a FICHA DA SEMANA PASADA
Despois traballade na FICHA DESTA SEMANA
- VALORES SOCIAIS E CÍVICOS
Imos celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. Por que creedes que hai que conmemoralo? Por que hai que adicarlle un día ? Pois simplemente porque temos a necesidade e a obriga de coidalo e protexelo xa que as nosas propias accións están a estropealo e degradalo.
Quero que fagades unha pequena reflexión. Pensades que hai algo, por pequeno que sexa, que poidades facer para axudar ?
Invítovos a ver este corto para que pensedes un pouco na importancia das catro "R" no coidado do Medio Ambiente. Que non sabedes cales son? :
Reducir Reciclar Reutilizar e Recuperar
Nada máis por hoxe Mouchiñ@s! Imos facer como o Moucho deste gif que non perde ollo do que ocorre ao se redor. Imos todos vixiar que, polo menos na nosa casa, todos contribúan a axudar no coidado do Medio Ambiente. A descansar Mouchiñ@s!!
Ola Natalia!!!Por onde mandamos a Expresión escrita:O trasno???
ResponderEliminarAri.Un saúdo♥️♥️♥️