martes, 2 de xuño de 2020

MÉRCORES 3 de xuño

Ola a tod@s!!
Continuamos un día máis. Hoxe temos unha interesante programación que inclúe un pouco de todo: inglés, mates, galego e soci.


  • ENGLISH
Como sempre, imos ao blogue de inglés para ver qué nos preparou a profe Inés. 


                   EnglishVales


  • GALEGO
Seguimos con linguas. Agora toca escoitar,  falar e traballar noutro idioma. Cambia o chip e ...adiante!!!
Lembrade que na entrada do luns había dúas probas que tiñades que enviar: unha online e a outra de expresión escrita. Moitos xa o fixéchedes pero aínda faltan algúns. 

Hoxe toca facer e enviar a última parte da proba, que é esta que tedes abaixo. Ánimo, que xa é a última.

              TEXTO PARA ESCOITAR, PROBA PARA ENVIAR, SUCESO PARA CONTAR
                                      

  • MATEMÁTICAS 
Seguro que a estas alturas xa sodes expertos en estadística e en gráficas, pero sempre queda un pouco máis que aprender. Hoxe lle toca o turno ás gráficas que utilizan debuxos para representar os datos. Chámanse Pictogramas. 

                                                       ESTADÍSTICA IV 

  • SOCIAIS
E rematamos o día de hoxe con máis propostas sobre o relevo e as paisaxes

                                        AS PAISAXES. INTERVENCIÓN HUMANA



Ata mañá Mouchiñ@s!!

                                                       buhos (3)


Ningún comentario:

Publicar un comentario