Hoxe imos empezar o día observando o mundo que nos rodea e facendo unha reflexión sobre él.
Estes días as nosas paisaxes vense un pouco diferentes a días atrás. O tempo está tolo, tolo. De súpeto chove, caen lóstregos e tronos e ao cabo dun rato volve saír o sol. Sabedes como se producen eses lóstregos e os tronos? É unha cuestión eléctrica de cargas positivas + e negativas - (como as das pilas) . O lóstrego é a luz que vemos cando se produce unha corrente eléctrica e o trono é o ruído que a acompaña.
Esta é unha pequena explicación científica de como se forman
O ser humano, e as distintas civilizacións, sempre buscaron formas de explicar o que ocorre ao seu redor para intentar entender o mundo. Lembrades o que era unha lenda? Unha lenda é unha narración de feitos, fantasiosos e imaxinarios, que intenta explicar un feito real. O seguinte vídeo trata dunha lenda africana que intentaba explicar como se producían os lóstregos e os tronos.
Cal das dúas vos parece máis científica? E cal vos gusta máis? Pois despois desta interesante reflexión comenzamos o traballo de hoxe.
- LENGUA CASTELLANA
Hoxe vos porpoño repasar de novo a acentuación. Non vos asustedes se vedes que a ficha de hoxe é moi grande porque é para traballar durante dous días, hoxe e mañán. Ten vídeos explicativos e xogos así que botádelle unha ollada e partídea en dúas partes, metade para hoxe e metade para mañán.
- MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Hoxe, nas mates, temos unha fichiña cortiña, faciliña e rapidiña!! A por ela!!
- NATURAIS
O reino das plantas é interesantísimo. Por certo, as vosas sobreviviron? Eu aínda teño a miña maceta coas lentellas crecendo na terraza.
- EF
Rematamos as propostas deste xoves movéndonos e estirando un pouco os músculos.
Ata mañá Mouchiñ@s!!Quérovos ver a todos outra vez por aquí, vale?
Ningún comentario:
Publicar un comentario