venres, 19 de xuño de 2020

VENRES 19 de xuño

E chegamos ao final!!! O curso xa está rematado  e só nos queda descansar. Aproveitade o verán para durmir moito, xogar, saír á rúa e á praia , crecer 😂.....
Foron unhas circunstancias difíciles e extrañas pero vós, traballáchedes un montón e moi ben! Todo o equipo de profesores vos damos a noraboa polo voso esforzo. Sodes un campións e campionas!!

Hoxe, para dspedirnos, imos xogar un pouquiño máis coas palabras, que son un dos mellores xogos que hai e despois ... a bailar!!!! deixámosvos unha recopilación de cancións moi coñecidas por vos que de seguro, vos apetece cantar e bailar en canto as escoitedes!!


                                                    JUGAMOS CON LAS LETRAS



  • CANTAMOS E BAILAMOS



E xa nada máis por este curso. 😢En verán podedes dar unha volta polo blog de cando en vez e xogar a algún dos xogos que vos encantaron ou repetir algunha lectura , conta de mates, exercicio.... Usádeo e traballade nel como queirades.
A vindeira semana publicarei unhas recomendacións para verán e refarei o vídeo das manualidades para completar algunhas que chegaron máis tarde.

Pasádeo moi ben durante o verán. Véxovos en setembro!!! Moitísimos mouchobicos e mouchoapertas para todos!!!

                                      

                                                           

Ningún comentario:

Publicar un comentario