mércores, 17 de xuño de 2020

MÉRCORES 17 de xuño

Xa chegamos á metade da última semana lectiva de curso. A pesares das distancias e das circunstancias teño moita pena de que remate este curso. Sei que cando vos volva a ver  en setembro ides estar todos altísimos e guapísimos. Algún ao mellor xa casi me alcanza a min!! Veña, non nos poñamos tristes e a traballar as propostas de hoxe. 


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Imos darlle un pouco á cabeza para discurrir unha serie de acertixos matemáticos. Non mires as solucións ata que non estruxes un pouquiño o coco!

                                             ACERTIJOS MATEMÁTICOS

  • SOCIAIS
Repasaremos as paisaxes e o relevo con dous interesantes enlaces. Aproveita para comprobar cantos destes elementos aparecen na túa maqueta sobre as paisaxes.

                                         REPASAMOS AS PAISAXES

  • GALEGO
Que che gustan máis, os cans ou os dinosaurios? E canto sabes deles? Hoxe imos facer unha pequena investigación ou busca de información para saber máis sobre un tema. É importante aprender a buscar e saber onde atopar as cousas que queremos saber. Elixe un dos temas que che propoñemos e comenza e a investigar!!

                                                OS CANS         OU        OS DINOSAURIOS
  • INGLÉS
O Blogue de inglés despídese hoxe. A última tarefa deste curso consiste en cantar unha canción dos Beatles que a min, particularmente, encántame. Fala de decir adeus (coma nós, que lle decimos adeus ao curso) pero tamén de decir ola ao novo que está por vir (o verán, un curso novo.....) É moi faciliña de cantar e se a escoitades un par de veces, veredes que rápido a aprendedes. Tamén tedes algúns xogos moi divertidos e algunhas recomendacións.  Ready, steady..... go!!
  

                                                  

Nada máis por hoxe. Espero poder vervos a todos mañá na videoconferencia. Faime moitísima ilusión!!!! Mentras tanto, quedamos cantando en inglés. "You say yes, I say no ...  🎵🎶🎤" Atá mañá Mouchiñ@s!!!!!!!!

                                    Gif Animaux Drôles | Fotos animadas, Buho dibujo, Dibujos animados ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario