martes, 9 de xuño de 2020

MARTES 9 de xuño

Bo día, Mouchiñ@s bailaríns.
Que tal vos foron as actividades do día de onte? A que foron divertidas e fáciles? Se sempre foran así... Pero non pensedes que polo feito de ser xogos, non aprendedes nada. Ao contrario, ás veces apréndese moito máis xogando que estudiando dos libros. O truco está en combinar de todo un pouco, e en practicar con xogos o que estudáchedes nos libros. Empezamos coas actividades de hoxe.

  • LENGUA CASTELLANA
Esta semana imos facer unha serie de actividades que nos sirvan para desenvolver distintos aspectos da nosa intelixencia. Empezaremos pola memoria, que, canto máis se entrena, máis crece. Así que xa sabedes... a entrenar!!
                                                        ¡QUÉ MEMORIA!
  • EF
Agora imos entrenar outra parte do noso corpo.  ¡¡VAMOS A MOVERNOS!! Día 25

  • NATURAIS
Imos xogar un pouquiño cos animais. A quen no lle gustan? Seguro que non hai ninguén na clase que  diga tal cousa. 
                                                                 OS ANIMAIS
  • PLÁSTICA
Unha das cousas que descubrimos durante este confinamento foi o que vos gusta facer proxectos de plástica e os grandes artistas que sodes. Superáchedes con moito as nosas expectativas. Hai que ver que marabilla de traballos fixéchedes!! 
A ver como se vos da o de hoxe. Xa sabedes que nos encanta ver fotos !

                                                   TAREFA 11. PINZAS



Ata mañá!!!! Aquí quedo pensando que vou facer coas pinzas. Poderei facer un moucho? Ummm, xa veremos o que sae! Bicos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario