xoves, 18 de xuño de 2020

XOVES 18 de xuño

Bo día a tod@s
Parece que por fin sae o sol e que xa se empeza a ulir o verán. Que ben!!! Hoxe temos un día de pouco traballo porque xa estamos chegando ao final e ademais...... temos unha cita!! Estou desexando que me contedes cousas!!
Mentras non chega a hora imos facendo unhas cousiñas.


  • MATEMÁTICAS
Outra de acertixos. Eres quen de resolvelos sen mirar as solucións? O último deles vaivos soar moito porque está repe, xa veredes!

                                           ACERTIXOS MATEMÁTICOS

  • LENGUA CASTELLANA
Coñecedes o código Morse? Imos aprender algo máis sobre el e a practicalo un pouco. Unha vez que o teñamos dominado podemos xogar aos espías e mandarnos mensaxes en código Morse!

                                        JUGAMOS CON LAS LETRAS

  • NATURAIS
En naturais hoxe hai onde elexir. Tedes un montón de xogos para xogar e mandalas para colorear. Unha delas é especialmente bonita, a ver se adivinades cal é. 

                                             XOGOS E COLORES


 E para rematar o día de hoxe ides ver un vídeo. Xa que non poidemos facer a exposición que tiñamos previsto cos traballos de manualidades que fixestes durante o confinamento, polo menos facemos un vídeo. Non descarto a idea desa exposición para máis adiante, así que gardade os traballos!. Teño que decir que estou tremenda e gratamente sorprendida dos marabillosos proxectos que fixéchedes. Son preciosos!!!!!!
Perdoádeme se falta algún. Se non está o teu é porque se me despistou no medio de todos os emails recibidos porque a verdade é que traballáchedes moito e enviáchedes moitísimas cousas. Pero os que van, son unha perfecta mostra das vosas laboriosas mans.
Hai que darlle as grazas ás familias xa que foi un pracer traballar con elas nestes proxectos ademais de que estou segura de que vos encantou que vos axudaran a facer as vosas creacións nesas longas e aburridas horas de confinamento. 
                                    Noraboa a todos e todas. Encántame o voso traballo!!!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario