Vaise notando xa o cansancio de fin de curso e as forzas empezan a flaquear. Por iso hoxe teremos un día un pouco máis tranquilo e relaxado. Veredes que pronto rematamos.
- EF
Imos empezar por esta materia para escorrentar a preguiza e prepara a nosa mente para o traballo. Aquí tedes as marabillosas propostas do profe Jose. A moverse e a espabilar!!!
- LENGUA CASTELLANA
Seguimos coas paisaxes e aprendendo a manexar os distintos tipos de palabras para describilas con precisión.
- CIENCIAS NATURAIS
Un dos elementos que forman parte das diferentes paisaxes con máis abundancia son as plantas. Imos aprender algo sobre elas. Vemos primeiro uns vídeos e logo lemos con atención a ficha e contestamos ás preguntas.
FICHA. AS PLANTAS
- PLÁSTICA
Para esta semana non hai proxecto novo porque entendemos que o que vos propuxemos a semana pasada era bastante complicado. Podedes continualo, perfeccionalo, poñerlle carteliños, rematalo, aumentalo... De moitos deles xa teño fotos e quero facer un vídeo con eles porque son realmente incríbles. Douvos dous ou tres días máis para ir rematando e enviarme fotos se queredes que as inclúa no vídeo. Sodes auténticos artistas!!!!!
E por hoxe nada máis. A que se fixo cortiño?? Mañá outro pouco. Un moucho bico e unha moucho aperta para tod@s!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario