mércores, 10 de xuño de 2020

MÉRCORES 10 de xuño

Bo día:
Vai frío estes días, verdade? Parece que xa sae o sol pero de ir á praia nada! Imos ter aínda uns días de tempo regular pero despois volveremos á normalidade nesta época. Abrigádevos mentras tanto para non coller frío!

Empezan a chegar fotos das anipinzas. Chulísimas!! Coma sempre, superades con creces as nosas expectativas. Están moi ben feitas e son moi creativas.


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Imos repasar operacións: sumas, restas, multiplicacións, divisións..... Hai varios niveles de dificultade. A ver ata onde chegas!!!

                                             REPASA OPERACIÓNS


  • GALEGO 
Cambiamos os número por letras e agora imos xogar coas palabras: adiviñas, códigos secretos....

                                        XOGAMOS COAS PALABRAS


  • SOCIAIS
Imos descubrir curiosidades, repasando aldeas, vilas e cidades 

                                        REPASAMOS LOCALIDADES 

  • ENGLISH
Preme na imaxen para descubrir as propostas de hoxe. 

                                                     


E xa nada máis por hoxe. Se aínda non estades fartos de xogar, elexide polo casa algún xogo tipo construcción e intentade facer unha vila ou aldea. A ver que sae!
Eu quedo aquí xogando cos meus amigos, a ver quen aguanta máis sen pestanexar. Queres xogar con nós?  Ata mañá Mouchiños!!!

                                        
                          Blog de imágenes: Animacione y gifs de búhos divertidos                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario