venres, 12 de xuño de 2020

VENRES 12 de xuño

Bos e mollados días!!
Que tal andan eses ánimos? Xa non nos queda nada para rematar así que vos vou pedir un último esforzo para estes días.


  • LENGUA CASTELLANA
Seguimos activando a nosa intelixencia e hoxe lle toca o turno ao razonamento lóxico. Quen se lembra daquela frase que vos digo sempre na clase para facervos pensar? Imos facer coma onte: o que lembre a oración que a escriba nos comentarios. Ben, pois o traballo de hoxe vai de discurrir.

                                                                  DISCURRE  


  • GALEGO 
Xogar coas palabras é moi divertido. Hai acertixos, sopas de letras, códigos....

                                                       XOGAMOS COAS PALABRAS

  • MÚSICA
Algún de vos toca un instrumento ademais da flauta? Cal che gustaría aprender a tocar? Na actividade de hoxe repasaremos os instrumentos da orquesta. Elixe o teu favorito.

                                 REPASAMOS OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTA

  • ENGLISH
Clica na imaxe para acceder aos distintos xogos do blogue de inglés 
  Good Morning Sun Sticker by Omer
  • RELIXIÓN CATÓLICA
Neste enlace tedes a ficha desta semana.    PARÁBOLA DEL BUEN SAMARITANO

Nestoutro están as solucións da semana pasada. EL HIJO PRÓDIGO

  • VALORES SOCIAIS E CÍVICOS
Para aqueles que elexíchedes esta optativa, ou para todos os que queirades, temos unha moi interesante proposta para hoxe. 
Todos coñecemos a Mero. Pois ben, Mero quere que todo o alumnado do Vales Villamarín faga un hoco no seu interior para aloxar un corazón verde. Esto non é só unha actividade para hoxe senon  unha maneira de vivir. Únete a Mero, convírtete en protector do medio ambiente e envía as túas propostas ao correo que che damos. 

                                                     TEÑO O CORAZÓN VERDE.


Despídome xa Mouchiñ@s, que co que chove teño que ir buscar unha árbore que me protexa da auga que non teño ganas de mollarme. Ata o luns!!!!!!!!!!!
   
                        Imágenes animadas y en movimiento       EL BÚHO ESTÁ EN EL ÁRBOL. | Animales animados, Owl

3 comentarios:

  1. Yo se cual es la frase y es discurre cachola que estás na escola

    ResponderEliminar
  2. Eu tamen a recordó e discurre cachola que estas na escola

    ResponderEliminar
  3. MOI BEN!!!!
    DISCURRE CACHOLA, QUE ESTÁS NA ESCOLA!!

    ResponderEliminar