xoves, 25 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA VERÁN


Despois dun curso diferente e bastante duro, no que todos aprendimos un montón de cousas novas, a recomendación máis importante que vos fago  para este verán é que descansedes e dediquedes o voso tempo a xogar, saír a pasear, facer exercicio, estar cos amigos e a familia....
Ademáis vos deixo consellos e propostas miles por se non vos queredes aburrir. 

1.- A primeira recomendación ven en forma de lista de actividades para pasar un verano TOP. Se premedes sobre ela podedes imprimila e ir tachando aquelas que fixestes para contárnolo en setembro. 


                                                   Lista de actividades para pasar un verano TOP! [Checklist ...

2.- Para aqueles un pouquiño máis académicos, déixovos unha ficha con caderniños de distintas actividades para facer. Especialmente interesantes son os de desenvolvemento da intelixencia.

                                   RECOMENDACIÓNS VERÁN 2020. CADERNIÑOS

3.- Nesta terceira recomendación déixovos enlaces a distintas páxinas onde podedes atopar recursos de todo tipo e xogos moi interesantes. 


                                              

Actiludis





                          
     Especialmente interesantes son os recursos que podedes atopar na páxina de abaixo do Colexio de Educación Primaria, Pablo de Olavide de Cádiz.  Incluso vos dan moitísimos enlaces a páxinas para o alumnado nos que podedes atopar cantidade de cousas que vos poden gustar.      

A última, pero non menos importante recomendación é que acompañedes os vosos días de verán coa lectura de libros interesantes. Podedes vivir grandes aventuras e viaxar a mundo máxicos, imaxinarios ou reais, ao mesmo tempo que aprendedes moitísimas cousas. No blogue da biblioteca do cole tedes recomendacións.

                                    QUE TEÑADES UN SANO E FELIZ VERÁN !!!!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario