venres, 22 de maio de 2020

VENRES 22 de maio

Ola a tod@s!!
Espertamos a un novo día, que xa é o último lectivo desta semana. Xa está aquí a fin de semana!!!
Hoxe temos outra morea de interesantes e bonitas propostas de traballo.

  • LENGUA CASTELLANA
Onte iniciamos o noso obradoiro de literatura aprendendo  o que son e como se compoñen os Limericks. Hoxe imos dar un pasiño máis e vamos crear o noso propio limercik!!! Xa veredes que divertido!! Hai que deixar ben aberta a porta da imaxinación e a creatividade. E xa sabedes.... non importa que sexan absurdos ou ridículos, o caso é que sexan graciosos!! A crear!!

                                           ME GUSTA ESCRIBIR II

  • GALEGO
Hoxe imos ler outro interesante texto informativo sobre os Xogos Olímpicos . Este ano 2020 íanse celebrar en Tokio pero a crise sanitaria mundial provocada polo COVID 19, fixo que se tivesen que aplazar ao verán do 2021. Imos aprender un pouco máis sobre eles.

                                           OS XOGOS OLÍMPICOS

  • MÚSICA
Avanzamos un pouquiño máis no coñecemento de Galicia estudando un pouco máis a fondo o seu himno.


Vales musical


Agora chega o turno das dúas optativas. Para os que elexíchedes relixión católica o voso traballo atoparédelo aquí

                                         FICHA DE RELIXIÓN CATÓLICA


E para os de Valores Cívicos e Sociais temos hoxe unha lenda que nos ensina que, independientemente do noso tamaño, todos somos necesarios e podemos colaborar cos demais.

                                                EL LEÓN Y EL RATÓN     


  • ENGLISH
A profe de inglés propónvos unha serie de divertidos xogos para visitar durante a fin de semana

EnglishVales


Nada máis por hoxe e por esta semana . Para os que queirades pasar un rato divertido esta fin de semana repasando táboas de multiplicar déixovos un clásico dos xogos online. Este foi un dos primeiros  xogos que aprendín eu a xogar nunha maquiniña, alá pola miña xuventude (no século pasado 😂) Ten moito coidado de que non te collan as pantasmas!!

PS: Se rebuscades un pouco máis nesa páxina atoparedes centos de xogos moi divertidos! Vola deixo na pestaña de recursos.

Boa fin de semana Mouchiñ@s!!

                                                      Pin en caratulas apple watch                                           





Ningún comentario:

Publicar un comentario