martes, 19 de maio de 2020

MARTES 19 de maio

Ola a tod@s!!!!
Iniciamos outro fabuloso día de sol e calorciño, ideal para saír a pasear coas bicis ou facer unha bonita andaina.

Agora traballamos un pouco nas propostas deste martes, que esperamos que vos gusten un montón.


  • LENGUA CASTELLANA
Tal e como víchedes onte en galego, falaremos un pouco da poesía. Leremos un poema, traballaremos sobre el e intentaremos aprendelo de memoria. 

                                          ME GUSTA LEER. Ficha 1

  • CIENCIAS NATURAIS
Hoxe imos falar sobre a hixiene. Nestes momentos tan especiais temos que prestar moitísima máis atención a este aspecto porque é fundamental para evitar a propagación do virus.
A ficha sobre a que imos traballar hoxe, fai referencia ao poema de galego que líchedes onte: Diálogo no cuarto de baño. Lédelo de novo antes de empezar a ficha de naturais, porque quizáis vos faga falta,.

                                            A  SAÚDE 
  • EF  
Unha das mellores formas de cuidar da nosa saúde e previr posibles enfermedades é practicando exercicio diario e mantendo o noso corpo en forma.  Estas son as propostas do profe Jose para hoxe.

                                      VAMOS A MOVERNOS!!!! Día 19 
  • EDUCACIÓN PLÁSTICA 
Que tal onte en matemáticas coas simetrías. A que son moi interesantes? A tarefa de hoxe de plástica vai relacionada con este concepto para que o traballemos un pouquiño máis de maneira superdivertida.

                                              TAREFA 9: SIMETRÍA 


Nada máis por hoxe. A que foi fácil e entretido? Propóñovos un xogo para o paseo de hoxe. Consiste en que tedes que buscar pola rúa obxectos simétricos (aqueles aos que, se lles pasaramos unha liña polo medio, son iguais a un lado e a outro da liña) . Xogade co adulto que vos acompañe no paseo. Gañará que atope máis obxectos simétricos na rúa.
Despois, cando cheguedes á casa, ou mañá pola mañá, me decides nos comentarios que tal vos foi o xogo. Seguro que atopades un montón e gañades !!!!



    

Ningún comentario:

Publicar un comentario