luns, 18 de maio de 2020

LUNS 18 de maio

Bo día!!!!
Comenzamos unha nova semana chea de fermosas palabras galegas que deixáchedes nos comentarios:  bicos, agarimo, apertas, xeitosiña, louro, mouchiños ..... Por certo, a miña palabra galega favorita é XEITO, polo sonora que é e pola gran cantidade de significados que pode ter. Dádesvos conta da morea de situacións nas que se pode usar?  Buscade nesta imaxen que vos preparei. Canto tempo tardades en atopar a vosa palabra?



Esta semana toca o turno das  Ciencias Sociais. Teredes que prestar especial atención a esta asignatura porque as dúas probas que vos poñemos hai que envialas ao correo d@s profes. Son  sinxelas e fáciles de mandar. Xa vos estades facendo expertos internautas!!


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS. 
Seguimos coa xeometría. Esta semana imos falar de simetría. Empezaremos vendo un par de videos explicativos que vos van deixar todo moi clariño e a continuación faremos a ficha de hoxe.




                                                        A SIMETRÍA. Ficha 1   



  •  GALEGO
Imos traballar un pouco a poesía esta semana. Empezaremos por galego, cun imaxinativo diálogo no cuarto de baño.

                                         DIÁLOGO NO CUARTO DE BAÑO 

  • SOCIAIS
Xa sabedes que esta semana é o turno das Ciencias Sociais. Esta é a primaira parte da ficha que tedes que enviar aos profes. O mércores faremos a segunda

                                    QUE SABEMOS DE SOCIAIS. 


  • ENGLISH
Rematamos o día coa proposta de inglés para hoxe. 

EnglishVales


Unha vez lida a proposta do blogue facedes ESTA FICHA

Espero que fose un día de traballo faciliño e levadeiro. Mañá un pouquiño máis. E xa sabedes, a facer as cousas con xeito! Atá mañá Mouchiños!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario