mércores, 13 de maio de 2020

MÉRCORES 13 de maio

Ola a tod@s un día máis.

VISITAS!!!!!
Fixádevos no número de entradas que ten o noso blogue. Está claro que hai moita xente que está a traballar con nós porque temos moitísimas visitas!!!! A nosa vila crece! 😃 Estamos encantados con todas esas visitas, algunha delas dende outros países. Seríamos moi felices  se estes visitantes  puxérades algún saúdo nos comentarios ou dende donde nos vedes e nos contárades algo de vós ou que vos parece a nosa Vila Moucha. A que si, Mouchiños?
Metras tanto, empezamos as nosas clases de hoxe.

  • MATEMÁTICAS
Algún de vós sodes tremendamente rápidos e xa me enviáchedes as dúas partes da proba matemática desta semana. Para os que aínda non o fixéchedes, tranquilos que tedes ata o venres.

Para os que vos aburrides (😉) ou vos sobra algo de tempo matemático, déixovos un enlace a unha páxina repleta de xogos  de sumas, restas, multiplicacións, divisións, .... moi interesante e entretida. Chámase math cilenia.com Pásase moi ben "matematicando"!!

                                                      Sumas, restas, multiplicaciones y divisiones, problemas con ...

  • GALEGO
Polo traballo que fixemos o luns, xa lembramos moitas cousas sobre as letras galegas en xeral, e a partires de hoxe ímonos centrar en Ricardo Carvalho Calero para homenaxealo como merece.


Empezamos por este vídeo elaborado por alumnado do Colexio San Pío X de Ourense

A continuación poderemos xogar un rato mentres seguimos a aprender.


              DON RIDARDO  O XOGO    por David Rial

Para asentar contidos leremos esta biografía

            BIOGRAFÍA RICARDO CARVALHO CALERO 

E por último, agora que xa sabemos un montón de cousas sobre el, elaboraremos esta ficha.

                       FICHA DO ESCRITOR



  • SOCIAIS
Seguimos co noso percorrido polo mundo, empezando polo máis cercano.

                                    ORGANIZACIÓN DO MUNICIPIO. PARA REPASAR

                                              O MUNICIPIO. PARA TRABALLAR

  • INGLÉS
Rematamos o traballo de hoxe preparándonos para viaxar ao extranxeiro . Para poder comunicarnos ben temos que facernos entender. E que mellor maneira que practicando  inglés. Aquí vos deixo a proposta de hoxe.


     EnglishVales



Ningún comentario:

Publicar un comentario