martes, 5 de maio de 2020

MARTES 5 de maio

Bo día:
Que tal vos sentou a ponte de maio? Imaxino que moi ben porque ademáis estamos a ter un tempo fantástico para aproveitar ben esa horiña que nos deixan saír pasear á rúa. Chegamos coas baterías recargadas, a que si?
Volvemos ao traballo e poñemos todas as nosas ganas, que ista vai ser outra semana cortiña.


  • LENGUA CASTELLANA
Esta semana imos facer un traballo un pouquiño diferente. Propóñovos dúas fichas que tedes que elaborar e mandar aos titores por medio do seu correo electrónico.
A primeira delas é un caderniño de comprensión oral e escrita, para completar e responder online. Unha vez rematado podedes comprobar se tedes as respostas correctas. Podedes repetilo tantas veces como queirades pero cada vez que volvades atrás teredes que volver a responder todas as preguntas. O XOVES tedes que mandarmo ao correo da clase, ou dos vosos titores/as, se sodes doutras clases.
 Non necesitades axuda dos maiores para facelo. Adiante que é moi fácil e vos vai saír moi ben!!!

                                    LC  - COMPRENSIÓN ORAL E ESCRITA I    


  • EF
Nova sesión de educación física con vídeos e actividades de todo tipo. Non sei a vós pero a min encántanme estas clases!!

                                  VAMOS A MOVERNOS DÍA 15

  • NATURAIS
Unha nova ficha  para seguir repasando e avanzando.

                                   OS SENTIDOS: O OLFACTO   

  • PLÁSTICA
Chegamos á parte que máis vos gusta! Esta semana, como nas mates imos seguir traballando a xeometría , imos continuar por ese camiño. Xogastes moito esta semana co Tangram da semana pasada? Podedes seguir facéndoo e ademáis, aquí tendes a nova proposta .

                                 FIGURAS XEOMÉTRICAS E ARTE  


6 comentarios:

  1. Muy buenos días:

    No nos deja escuchar el audio de Lengua Castellan. Gracias

    ResponderEliminar
  2. Buenos días Alejandro.
    Al ser actividades online hay más dificultades dependiendo de la wifi de cada uno. Tienes que esperar a que se cargue bien. Si sigues teniendo dificultades, avísame.

    Gracias!!

    ResponderEliminar
  3. Muy buenos días

    Soy la mama de Alejandro Castro. Pero no nos permite enviar la Evaluación de LENGUA CASTELLA. Ya lo ha terminado. Si cierro el programa ¿lo tendremos que hacer de nuevo?

    El ordenador donde lo ha hecho es muy antiguo y va muy mal y lento

    ResponderEliminar
  4. Hola Natalia que tal?? Donde sta la lectura de esta semana.
    Diego Fernandez

    ResponderEliminar
  5. ola Natalia, no exercicio 3 da ficha de natu non sei a que lectura se refire.
    Grazas

    ResponderEliminar
  6. Bo día. Tedes razón co da lectura. Referíase á de galego, pero como hoxe non tocaba non a colguei. Perdoade.

    ResponderEliminar