Continuamos coa nosa semana paisaxística. Hoxe, as propostas de plástica e de lingua castelá van íntimamente relacionadas porque o que fagades na primeira ides ter que tomar nota e explicalo na segunda. Serán dúas tarefas nunha. Empezamos por plástica
- CIENCIAS NATURAIS
Hoxe imos empezar por esta asignatura porque esta semana tedes que enviar aos profes as dúas probas de naturais. Xa sabedes que son sinxelas e que hai que pensalas ben antes de respondelas. Unha cousiña: pídovos que as enviedes só unha vez, cando teñades claro que eso é o que queredes que eu vexa, porque nas probas anteriores algún lle deu varias veces ao botón e me chegaron ata cinco probas do mesmo alumno. 😂
- EDUCACIÓN PLÁSTICA.
A proposta desta semana probablemente vos leve uns días facela. Non importa, ao contrario, ídea facendo pouco a pouco. É un proxecto grande que vos pode levar un tempo. Seguide as pautas que vos dan pero tamén utilizade a vosa creatividade, tal e como vides demostrando en todos os proxectos que fixestes ata o de agora. Sodes uns artistas!!!
- LENGUA CASTELLANA
A medida que vaiades traballando na vosa maqueta, no voso debuxo ou no proxecto que elixades, ide tomando nota nesta ficha das decisións que tomades, dos materiais que usades e de cómo o facedes. A de hoxe é unha ficha para recoller anotacións. O xoves presentaremos outra na que pasaredes a limpo as notas que tomades hoxe. O venres, ou unha vez rematado o proxecto, teredes que describilo na ficha que vos presentaremos . Así que xa vedes, ídeo facendo con calma porque tedes ata a semana que ven para rematalo.
- EF
Imos rematar esta mañá bailando e facendo exercicio .
VAMOS A MOVERNOS. Día 21
Ningún comentario:
Publicar un comentario