xoves, 28 de maio de 2020

XOVES 28 de maio

Ola!!!!!🙋
Vaia días máis fermosos e calurosos estamos a ter!! Así da gusto poder disfrutar do aire libre!!
Poi veña, traballamos un pouquiño nas tarefas de hoxe e logo a descansar!!!



  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Convén que repasedes o vídeo de tratamento da información de onte, porque hoxe imos avanzar un pasiño máis. Ademáis, quero que vos fixedes durante estes días na vida real, ao igual que fixéchedes a semana pasada coas figuras xeométricas e esteades atentos para descubrir gráficas ou táboas de datos ao voso redor. Logo me contades, seguro que atopades máis dunha destes tipos.
  
                                                  Gráficos coloridos | Vector Premium

                                                        ESTADÍSTICA . Ficha II

  • LENGUA CASTELLANA
Hoxe nesta asignatura tedes que pasar a limpo os datos que recollestes na ficha 1 do martes. Imaxino que aínda estades a voltas coa maqueta, porque leva o seu tempo, pero aínda así, os datos podedes ir pasándoos a limpo.
Lembrade que me interesa moitísimo ver fotos desas maquetas ou debuxos. Sei que vos gustan este tipo de traballos e que vos implicades e os facedes francamente ben así que ... mandádeme fotos!!!!!

                                                    ¡QUÉ PAISAJES! FICHA 2


  • CIENCIAS NATURAIS
Hoxe toca a segunda parte da proba de naturais. Si, xa sei que algún fixo todo o martes, pero o día era hoxe. Aqueles que xa o mandáchedes podedes aproveitar para traballar un pouquiño máis no proxecto de plástica. Os que aínda o tedes por facer, ide á entrada de naturais do martes.

  • EDUCACIÓN FÍSICA
Imos rematar este xoves de calor coas propostas do profe Jose que sempre busca cousas super divertidas para vos. Os meus entrenamentos do pasado martes coa miña heroína favorita foron estupendamente. Ata teño maniotas!! Que non sabedes o que son? Buscade no diccionario. Ademais fixen e decorei un tragabolas cunha botella de auga  e a que non sabedes que? Son a campioa da miña casa!! Non hai quen me gañe! 😂

                                               ¡ VAMOS A MOVERNOS ! Día 22 

Estou desexando poñerme xa coas propostas de EF hoxe así que vos deixo ata mañá!!! Unha aperta virtual!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario