Continuamos con esta semana de primavera, e figuras planas.
- LENGUA CASTELLANA
Xa sabedes que hoxe é o último día para enviar a proba de Comprensión oral e escrita do martes. Algúns xa a mandaron polo que hoxe teñen descanso desta asignatura. Pero os que non o fixestes, tedes que facelo hoxe. Mañá haberá outra pequena proba de expresión escrita que tamén haberá que enviar unha vez realizada.
Por certo, se practicades varias veces non é necesario que a enviedes de cada vez. Con enviala unha, chega 😅.
- MATEMÁTICAS
O mundo está cheo de figuras xeométricas que se poden medir. Se queremos facer un valado para pechar unha finca, por exemplo, necesitaremos saber cánto mide para calcular o material que temos que mercar. Imos seguir investigando un pouco este concepto e outros das figuras planas con estes videos e logo facemos a ficha que nos toca hoxe.
XEOMETRÍA. FIGURAS PLANAS V
- NATURAIS
Hoxe temos deses repasos que vos gustan moito. Son os animais invertebrados, que na primavera empezan a versa por todas partes!!
Na entrada do mércores 18 de marzo están todos os vídeos sobre os animais para repasar. Cando fixemos o proxecto dos animais ao principio da corentena, ao mellor algún de vós elexiu un invertebrado. Pois ben, nestes días, pedídelle a un adulto da casa que me envíe ao correo unha foto dese proxecto de investigación animal que fixestes. Encantaríame velo!!! Tedes as fichas na mesma entrada do 18 de marzo.
Para que lembredes ben a clasificación animal dos invertebrados, déixovos tamén a ficha que fixemos na clase.
Para que lembredes ben a clasificación animal dos invertebrados, déixovos tamén a ficha que fixemos na clase.
OS ANIMAIS INVERTEBRADOS FICHA
- EF
E para rematar outro fabuloso día de clase online (vos estades facendo auténticos expertos en novas tecnoloxías!!) imos mover un pouquiño o esqueleto. Hoxe tamén hai unhas preguntiñas para enviarlle ao profe Jose.
Muy buenos días:
ResponderEliminarPerdona que te moleste, soy la madre de Alejandro Castro, como el Martes tuve muchos problemas con el ordenador, necesito que me confirmes si recibiste la prueba de Lengua Castella de él.
Muchas Gracias
No es ninguna molestia. Está recibido y confirmado ayer por la mañana por ABALAR móvil, ya que no tenía vuestro email.
ResponderEliminarGracias a ti y un saludo!!