xoves, 21 de maio de 2020

XOVES 21 de maio

Ola a tod@s!!
Os videos que me mandáchedes algún de vós recitando o poema do martes están xenial. Non sei canto tempo vos levou aprendelo de memoria pero desde logo vos saiu estupendamente ben. Tamén me gustaron moito as fotos que vin do traballo de plástica. Menudas simetrías máis chulas!

Todo o traballo que estades a facer neste tempo de confinamento é realmente estupendo. Valoro moitísimo o voso esforzo e quero que saibades que todo o que estades facendo vaise notar moitísimo cando empecedes 4º. Xa veredes cantas cousas vos resultan máis faciliñas grazas a todo o que estades traballando agora!

E dito esto, comenzamos as tarefas de hoxe.

  • LENGUA CASTELLANA
Seguimos con poemas pero agora dende o punto de vista da composición. Para hoxe e mañá temos preparado algo súper divertido. Recuperamos o noso Obradoiro de Literatura!!!!, que facía tempo que  tiñamos apartado. Hoxe teremos unha clase un pouco máis teórica, durante a que teredes que ver un par de videos e ler a teoría. Todo está moi ben explicadiño e con moitos exemplos, así que xa veredes que ben vos vai.
Mañá será o día da creatividade. 

                                         ME GUSTA ESCRIBIR I

  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Algunha Mouchiña xa me contou a cantidade de obxectos simétricos que atopou no seu paseo diario pola rúa. Que boa maneira de aplicar as matemáticas á vida diaria! Podedes facelo tamén no paseo de hoxe pero buscando obxectos que teñan forma de triángulo (incluso, se vos atrevedes, podedes intentar adiviñar que tipo de triángulo é) ou de cuadrilátero. Mentras non chegue a hora de saír, seguimos practicando e preparando o noso coco para poder ver o mundo con ollos matemáticos! 😂

Imos ver primeiro un video para recordar ben cales eran os tipos de ángulos e logo facemos esta segunda parte de ficha.


                                         TRIÁNGULOS II  

  • EF
Non sei se vos lembrades do que vos dixen, non hai moito tempo de "Mens sana in Corpore sano". Algún de vós recorda o que significaba? ........    Moi ben!! Pois imos preparar un pouquiño o noso corpo para que a nosa mente teña unha "casa" estupenda e moi sana onde habitar e poder desenvolverse mellor.

                                       ¡¡VAMOS A MOVERNOS!! Día 20

  • NATURAIS
E as Ciencias Naturais tamén nos serven para aprender a coidarnos ben, os hábitos de vida saudables, a comida sana.... Vedes que todo nesta vida está relacionado? O que se aprende e se fai nunha asignatura ten moito que ver co que se fai nas outras. O mundo non está separado por materias!! Todo forma parte da mesma realidade.

                                                          A SAÚDE    



Rematamos o saudable día de hoxe cuns conselliños que nos da o noso amigo Camaleón. Atá mañá!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario