martes, 26 de maio de 2020

MÉRCORES 27 de maio

Ola,  bo día Mouchiñ@s!!!
Xa tedes decidido cal vai ser o voso proxecto de plástica? De seguro que algún xa o ten encamiñado e lle está quedando chulísimo. Xa sabedes que me encantará ver fotos dos vosos proxectos!!

As probas de naturais de onte saíron moi ben. Estades a traballar xenial!!!  Pero onte só era necesario facer a primeira parte. A segunda era para o vindeiro  xoves. Non era que levase moito tempo cada unha delas pero ..... as instruccións son as instruccións ! Non pasa nada. Continuamos co traballo de hoxe. Temos cousas novas e outras xa coñecidas. Despegamos! 🚀

  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS  

Imos empezar con algo novo e moi interesante que son as táboas  e gráficas de rexistro de datos. Sirven para organizar a información e poder ver con claridade o que sucede. Ides velas moitísimo porque son usadas constantemente. Calquera día que vexades un telediario seguro que, como mínimo, aparece unha.  Para que saibades interpretar e representar  esta información, o primeiro que tedes que facer e ver este vídeo que o deixa todo mooooooi clarísimo. Non perdades  detalle!!




Non perdades de vista este vídeo porque imos volver a el en días sucesivos. A ficha de hoxe é un primeiro paso no apaixoante mundo da estadística. Vedes cantas cousas diferentes se poden facer coas matemáticas? Sirven para todo!!!!!

                                     ESTADÍSTICA. FICHA 1  

  • CIENCIAS SOCIAIS 
Hoxe imos avanzar un pouquiño nas paisaxes e falar daquelas que estamos máis acostumados a ver: as paisaxes de Galicia. 

                                               RELEVO DE GALICIA. Para aprender

                                               RELEVO DE GALICIA. Para traballar

  • GALEGO
Tócalle o turno á nosa fermosa lingua que ten palabras tan cheas de cor e musicalidade que a xente di que os galegos cantamos ao falar. Escoita moi ben esta historia, xa verás como atopas un montón de bonitas palabras. Cantas delas non coñecías? Propóñote un reto: elixe unha delas e úsaa hoxe polo menos 5 veces en cinco situacións diferentes. Serás quen de facelo? Xa me contarás! 

                                                A PESCA CO RABO. Para escoitar.

                                           A PESCA CO RABO. Para ler e traballar
  • ENGLISH
E xa que a cousa vai de palabras, imos ver cantas palabras novas podemos aprender hoxe en inglés


EnglishVales


Para os que non podades ver a ficha interactiva e/ou prefirades imprimila, clicade HERE

Un día máis que rematamos o traballo. Eu xa teño elexida a miña palabra galega favorita . A ver se son quen de "colala" hoxe cinco veces nunha conversa. Vouno intentar!!

Ata mañá!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario