venres, 8 de maio de 2020

VENRES 8 de maio

Xa chegamos á fin de semana outra vez. Esto vai moi rápido!!😂

  • LENGUA CASTELLANA
Hoxe imos facer dúas tarefas cortiñas para entregar hoxe á profe. Neste caso non se fan online, senon que podedes imprimir a última das fichas e facelo nela, ou directamente na libreta. Despois facedes unha foto e o enviades por correo. Non vos olvidedes de poñer o voso nome tanto se o facedes na ficha como na libreta. 
Lembrade :
  • Antes de empezar a escribir hai que dedicarlle uns minutos a pensar e planificar o que queredes decir e como o pensades facer.  
  • Durante a escritura debedes fixarvos e usar os puntos e as comas cando sexa necesario, non repetir moito as mesmas palabras, utilizar un vocabulario axeitado e consultar o diccionario cando teñades dúbidas (sobre todo de ortografía)
  • Unha vez rematado hai que repasar a ortografía, a puntuación e comprobar se se entende ben o que queriades dicir. 
E xa está!! Seguro que escribides textos realmente interesantes. Empezamos....

                                                LC. EXPRESIÓN ESCRITA


  • GALEGO 
Continuamos cos textos do día que naceu o trigo, pero avanzamos un pouquiño máis. 

                                 CONTO E POEMA PARA TRABALLAR - II

                                 REPASO DE COMO FACER UN CÓMIC

                                 TAREFA: CÓMIC SOBRE TRIGRIDIA



  • MÚSICA
Como a semana pasada o venres foi festivo, hai moito que non musiqueamos 😂. Estas son as propostas para esta semana.


        Vales musical


  • RELIXIÓN
 Para os que tedes esta optativa, aquí tendes a proposta desta semana.

                                            FICHA RELIXIÓN CATÓLICA

                                           Solución ás actividades anteriores

  • VALORES SOCIAIS E CÍVICOS
E para aqueles de vós que elexiron a optativa de valores, ou para tod@s os que queirades,  preséntovos a PIPER que nos vai  ensinar a superar os propios medos, a probar cousas novas e a convertirse en mestre e líder dos seus compañeiros.
Primeiro vemos o corto de PIPER, de Disney Pixar, gañador dun Óscar á mellor cortometraxe de animación no 2017. Logo facemos as actividades propostas na ficha.

De seguro que vos encanta PIPER!
                                          


                                     FICHA DE ACTIVIDADES SOBRE PIPER      

Ata o luns Mouchiñ@s. Déixovos en boa compaña. E xa sabedes, hai que perder os medos e intentar  facer cousas por vós mesmos  para avanzar e aprender a ser un pouquiño máis autónomos e independentes como Piper. Desfrutade da fin de semana!!! Apertas virtuais!


3 comentarios: