Chegamos de novo ao final da semana lectiva cun montón de propostas interesantes.
- LENGUA CASTELLANA
Hoxe imos traballar un pouquiño de ortografía co noso Pitiño. Seguro que lembrades que na clase falamos algunha vez de que as letras "e" e maila "i", son un pouco rariñas. Ás veces síntense especiais e se comportan de maneira diferente ao resto das vogais. Pois hoxe ímolo comprobar de novo co son "g" suave (ga , go , gu ..... pero gue , gui .... e máis aínda ... güe, güi ).
- GALEGO
Hoxe imos ler un pequeno texto de Cravalho Calero que fala sobres as pitas, as galiñas. Por iso fixéstedes unhas fermosas pitiñas o pasado martes. Algunha das que xa me enviáchedes son preciosas e moi orixinais!!
- MÚSICA
A proposta musical desta semana, ademáis do himno galego, consiste en investigar un pouquiño sobre o folclore das Mariñas e, máis concretamente, sobre o seu traxe típico.
Vales musical
- RELIXIÓN CATÓLICA
A proposta desta semana está aquí FICHA DE RELIXIÓN CATÓLICA
- VALORES CÍVICOS E SOCIAIS
Os que non sodes da optativa de relixión imos traballar a partires dunha tira cómica na que veremos unha situación bastante habitual entre unha nai e o seu fillo. Na vosa man está que esa situación non se repita na vosa vida diaria.
COMPARTIMOS TAREFAS?
Déixovos tamén o enlace do blogue de inglés porque a profe deixou uns xogos superdivertidos que podedes facer durante a fin de semana se vos apetece.
COMPARTIMOS TAREFAS?
Déixovos tamén o enlace do blogue de inglés porque a profe deixou uns xogos superdivertidos que podedes facer durante a fin de semana se vos apetece.
EnglishVales
E xa nada máis por esta bonita semana. A mellor celebración que podedes facer das letras galegas esta fin de semana, ademáis de lembrar a Carvalho Calero, é ler ou escoitar unha bonita historia en galego. Xa sabedes que na pestaña de Recursos, en Kalandrke TV, tedes moitas! Non sei que pensaredes vós pero a min o galego é un idioma que me parece moi expresivo ademais de bonito e musical. Cal é a vosa palabra galega favorita? Escribídea nos comentarios!
Ata o luns Mouchiñ@s! Que pasedes unha boa fin de semana!
Bos dias ,son Daniela, a miña palabra favorita en galego e....BICOS, por iso mando moitos a todos os Mouchos e Mouchas.
ResponderEliminarA miña palabra e agarimo. Porque encantanme dar agarimos e que mos den
ResponderEliminar. Mandovos moitos mouchiños e bicos para a todos
Soy Andrea
EliminarSon BRAIS C. A miña palabra preferida e APERTAS.
ResponderEliminarBicos a tod@s.
Hola Natalia, a miña palabra preferida en galego é Xeitosiña. Moitos bicos a todos.
ResponderEliminarHola a mina palabra favorita Louro
ResponderEliminarMuy buenas. no nos deja entrar en la ficha de música. Nos dá un error.
ResponderEliminarya pude hacer la ficha de gallego. Gracias
ResponderEliminarHola,a miña palabra favorita é mouchiños,porque os echo de menos.Bicos.
ResponderEliminar