luns, 11 de maio de 2020

LUNES 11 de maio

Bos e luminosos días Mouchiños!! Despois do descanso da fin de semana iniciamos uns días cheos de actividade e conmemoracións. Sempre hai algo que celebrar!!! Se vos ocurre o que podemos celebrar esta semana? ....... Claro que sí... AS LETRAS GALEGAS!!!! Este ano adícanse a Ricardo Carvalho Calero así que estes días ides escoitar e falar moito del.

Ademáis, esta semana faremos outra pequena proba  para entregar aos profes, pero esta vez de matemáticas. 

  • MATEMÁTICAS
Ao igual que a semana pasada con Castellano,  tedes que cumplimentar este cuaderniño de matemáticas para enviar por e-mail. É moi sinxelo de facer, só tedes que seguir ben as instruccións. O de Lingua Castelá fixéstelo moi ben así que este non vai ser menos. Adiante!!


                                  PROBA DE COMPETENCIA MATEMÁTICA I

  • GALEGO
Hoxe empezaremos a lembrar un pouco sobre o día das Letras Galegas: por que se celebra nesta data, a quen se lle adica, cal é motivo da celebración.... Imos lembrar e investigar un pouco!


                                           QUE SEI DAS LETRAS GALEGAS    


  • INGLÉS
Aquí tedes as propostas desta semana publicadas no blogue da profe de inglés.


                   EnglishVales


  • SOCIAIS
Como esta semana a cousa vai ir de galiñas e pitos, en sociais continuamos aprendendo un pouco máis sobre o sector primario.

                                        SECTOR PRIMARIO II


                                       SECTOR PRIMARIO. PARA REPASAR



E xa que estamos na semana das letras galegas, e ademais hai moitos días que non cantamos, déixovos unha bonita versión do himno galego para cantar coa familia. Estaría moi ben que intentárades aprender unhas cantas estrofas. A cantar!!


2 comentarios: