mércores, 20 de maio de 2020

MÉRCORES 20 de maio

Bo día:
Hoxe imos traballar  outro pouquiño porque aínda que parece que xa chegou o verán,  faltan unhas cantas semanas para as vacacións.
Comenzamos outro miércoles e con el xa chegamos ao medio da semana.

  • INGLÉS
Hoxe imos empezar pola proposta de idiomas. E xa que en naturais estamos a falar  estes días da saúde e de dietas saudables, imos facer o mesmo con inglés.


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Seguimos coa xeometría e coas figuras planas. E hoxe lle toca o turno aos TRIÁNGULOS. Primeiro vemos uns videos explicativos, logo lemos despaciño a ficha e por último facemos as actividades propostas.


                                                FICHA. LOS TRIÁNGULOS


  • GALEGO
A proposta de galego para hoxe é outro interesante texto que hai que ler despaciño, pronunciando ben as palabras e con expresividade e procurando entender o que imos lendo. Convén lelo un par de veces en voz alta antes de facer as actividades.

                                            OS VIDEOXOGOS



  • SOCIAIS
Finalizamos a proposta de hoxe coa segunda parte da proba de sociais. Para aqueles que ainda non a fixéchedes, tedes que enviala hoxe. Para os demais , ou para os que queirades, déixovos un bonito video de curiosidades que vos farán sorrir! 


 E con ese sorriso, despídome ata mañá Mocuchiñ@s!! Mándovos o meu sorriso e a miña aperta virtual!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario