xoves, 30 de abril de 2020

JUEVES 30 abril

Bo día:
Benvidos ao último día escolar da semana. A que foi cortiña? Mañá é día festivo, e polo tanto, de descanso, así como o luns que tamén é non lectivo. Pero se alguén quere traballar (😁) pode repasar cousas desta semana ou doutras anteriores, videos, xogos, actividades online..... Sempre hai moito que facer!!

  • LENGUA CASTELLANA
Imos continuar coas nosas ferramentas e a súa asamblea. Hoxe déixovos dúas fichas sobre o conto. É importante que fagades a primeira delas. A segunda é optativa, para aqueles que son máis rápidos, rematan cedo e lles queda un ratiño e queren continuar. 

                                          EL CUENTO DE LAS HERRAMIENTAS II


                                          EL CUENTO DE LAS HERRAMIENTAS III (optativa)


  • MATEMÁTICAS. 
Imos repasar outra vez un pouquiño sobre as figuras planas antes de continuar coas propostas de Marta e Andrés. Así teremos todo moito máis claro. E xa sabes que non debes quedarte coas dúbida. Pregunta o que queiras no email da clase ou nos comentarios.



                                              FIGURAS PLANAS III



  • EF 
Aínda que agora xa vos deixan saír á rúa unha hora diaria, iso non quere decir que non sexa necesario seguir movendo o corpo todo o que poidamos. Hoxe toca outra interesantísima sesión!!! 
Deixádeme que vos faga un recordatorio. A sesión inclúe unha actividade de KAHOOT que tedes que facer para enviarlle ao profe Jose.

                                           ¡VAMOS A MOVERNOS ! DÍA 14



  • NATURAIS 
Os vídeos que estades enviando usando o alfabeto dactilolóxico español son xeniales. Déixovos os que me foron chegando ao final desta entrada para que intentedes entender o que vos din os vosos compañeiros. Que interesante!!!!!
Ademáis seguimos traballando un poquiño  nesta ficha.


                                        NATURAIS:O OÍDO E A FUNCIÓN DE RELACIÓN



                                                 

                                                 VIDEO: MIRA O QUE CHE DIGO



1 comentario: