Onte foi un día intenso de moitos vídeos e moito traballo. Non vos preocupedes se quedaron cousas por facer ou videos por ver. Como esta semana é cortiña (o venres é festivo) podedes aproveitar calquera ratiño que vos quede libre para volver atrás e repasar algunha cousiña que vos apeteza.
- LENGUA CASTELLANA
Xa sabedes que esta semana estamos a falar de traballos, sectores.... En Castelán temos unha lectura dun oficio que pertence ao sector secundario . Lémola en voz alta un par de veces, respetando puntos e comas, e dándolle expresividade cando vexamos signos de interrogación ou exclamación e cambiando de voz cando falen as distintas persoaxes. Practicade todo o que queirades ata que saia ben!!
- NATURAIS
Seguimos repasando no mundo dos sentidos e a función de relación. Lembrades cal era? Función de relación é a que nos permite aos seres vivos captar información do nosos redor e reaccionar a ela. E para captar esa información necesitamos os cinco sentidos! Pon os teus cinco sentidos para captar ben esta ficha, e elabora boas respostas!! 😂
- EF.
Xa sabedes que o profe de EF sempre ofrece actividades variadas para divertirse e aprender coa Educación Física. Tan importante é traballar e entrenar a mente como o corpo. Os antiguos romanos decían: "MENS SANA IN CORPORE SANO", que hoxe en día utilizamos para decir que se cuidamos ben do noso corpo, a nosa mente tamén estará máis sana.
Por certo, que tal vos foi a proba de KAHOOT que vos propuxo o profe a semana pasada. Gustouvos? Pois o xoves desta semana haberá outro. Estade moi atentos e facédeo ben para mandarllo ao profe!!
Aquí vos quedan as propostas de hoxe. A mover o esqueleto!
Aquí vos quedan as propostas de hoxe. A mover o esqueleto!
VAMOS A MOVERNOS DÍA 13
- PLÁSTICA.
Como nos gustan estas actividades. A que sí?! A proposta desta semana está relacionada coas mates e a xeometría. Imos construir o noso propio tangram para xogar na casa! Se vos resulta un pouco difícil trazar as liñas coa regla, pedídelle axuda a un maior. Coloreade ben as pezas e, antes de recortalas pegádeas sobre cartuliña ou cartón para que vos queden máis ríxidas. E a xogar coa imaxinación!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario