mércores, 29 de abril de 2020

MÉRCORES 29 de abril.

Bo día a tod@s!!
 Como vai ese Tangram de onte? Conseguíchedes xogar moito con el? Seguro que se vos ocurren máis figuras que as que aparecen no papel. Tedes tanta imaxinación!! Se hoxe vos queda un ratiño, podedes seguir xogando con el.
Xa me chegaron algúns vídeos con mensaxes vosos para a clase. Mañá subo os que teña ao blogue para que intentedes entender o que vos din!!

  • ENGLISH
Hoxe empezamos coa proposta de inglés. Have fun!!


                    EnglishVales


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Espero que non vos esteades olvidando de multiplicar e dividir. De cando en vez podedes volver atrás e xogar a moitos dos xogos que están no blogue. Rebuscade que atoparedes moitos!!
Hoxe imos continuar cun pouquiño de xeometría pero tamén repasaremos algunha conta. Marta e Andrés plantéxannos novas cuestións matemáticas.  Xa sabedes que canto máis practiquemos, mellor e máis rápido sairá.

                                                   FIGURAS XEOMÉTRICAS II


Aviso: Hai un pequeno erro na táboa do exercicio 1. O cuadrilátero ten que ter 4 (lados,vértices e ángulos), o pentágono 5 e o hexágono 6. 

  • GALEGO.
Volvede á entrada do luns e escoitade o audioconto outra vez. Seguro que agora queda moito máis claro. Ademáis, xa traballáchedes a comprensión lectora, polo que ten que ser máis sinxelo. Despois facemos a proposta de hoxe.

                                           A CARTA: COMO SE ESCRIBE

                                             ESCRIBIMOS UNHA CARTA

  • SOCIAIS
Imos seguir co traballo e a clasificación nos distintos sectores. Pero antes de empezar quero que reflexionedes e pensedes cal sería o sector no que traballo eu. E os vosos pais e nais??
Podedes repasar os videos que tedes na entrada do luns para que vos quede todo moito máis clariño. Logo facemos a ficha que, como sempre podedes imprimir ou facer na libreta, como mellor vos veña.

                                           SOCIAIS: O SECTOR TERCIARIO


Xa que estamos a estudiar sobre os traballos, para rematar o día de hoxe  déixovos uns deses cortos que tanto vos gustan. Tratan sobre as ventaxas do TRABALLO COOPERATIVO ou traballo en equipo dos que tanto falamos na clase.  Ata mañá Mouchiñ@s!!

4 comentarios:

  1. Hola Natalia ahí que pegar el Tangram como la otra vez en el bloc de dibujo.

    Un beso y un abrazo Ari

    ResponderEliminar
  2. Hola Natalia ahí que pegar el Tangram como la otra vez en el bloc de dibujo.

    Un beso y un abrazo Ari

    ResponderEliminar
  3. Perdón es que no se había grabado.

    ResponderEliminar
  4. No, cariño, esta vez es para que juegues con él las veces que quieras. Por eso lo pegamos en cartulina o cartón, para que tenga un poco más de consistencia. Un beso

    ResponderEliminar