venres, 24 de abril de 2020

VENRES 24 de abril


Ánimo Mouchiños que xa está a rematar unha semana máis. Ademáis, a partires do luns, xa podedes empezar a saír un pouquiño á rúa. Non vos fai ilusión??? Tende moito cuidadiño, lavádevos ben as mans antes de saír e ao volver, procurade non tocar nada na rúa e facede sempre caso do que vos digan os maiores.
Empezamos o traballo de hoxe. Veña, con gañas e ilusión!!
  • LENGUA CASTELLANA
Imos pechar esta semana de "San Jorge y el dragón" facendo un pequeno resumo da lenda. Se non te lembras moi ben, podes volver á entrada de Castelán do martes e volver a lela ou escoitala.


Non esquenzas continuar co teu proxecto de literatura os días que sexa necesario.

  • GALEGO
- Diario da corentena. A día de hoxe levamos case 6 semanas de confinamento. Penso que pode ser hora de ir finalizando o noso diario de corentena porque os días empezan a parecerse moito uns aos outros e ás veces, xa non sabemos qué contar. A que si? Daquela, a partir de hoxe, ímolo deixar. Vos parece? De todas maneiras, se algún ten especial interés en seguir escribindo, pode facelo

                                                 Algunhas partes dun libro. Información

                                       ENCRUCILLADO. ALGUNHAS PARTES DUN LIBRO
                                                      

  • MÚSICA
Hoxe, as profes de música vos prepararon unha actividade super divertida e interesante. Clicade no enlace e ... a musiquear!!
  
                                          

Vales musical


  • VALORES 
Creo que esta semana quedou ben claro que o amor aos libros é un valor que debemos fomentar tanto dende a familia como dende a escola.  Déixovos este precioso vídeo sobre este tema.




  ACTIVIDADE:  OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DE SR MORRIS LESSMORE

  • RELIXIÓN
  • Para os que non sodes da asignatura de Valores, achógovos a proposta de Relixión.
                                                       PROPOSTA DE RELIXIÓN



Os profes tamén celebramos o día do libro lendo. No blogue da biblioteca atoparedes un video no que o profesorado está lendo nas súas casas. Aproveitade para facer unha viaxe virtual polo blogue de  Leo e Mariña.

 
                                           




E nada máis por esta semana, Mochiñ@s. Ai que ver canto traballamos!!!! E non esquezades prolongar os vosos proxectos de literatura durante a fin de semana, se vos apetece, ou botar man do voso libro preferido para vivir moitas aventuras!! Vémonos o luns!!
Unha aperta virtual!

Ningún comentario:

Publicar un comentario