venres, 17 de abril de 2020

VIERNES 17 de abril.

Ola  a tod@s:
Xa é venres outra vez!! A que os días pasan moi rápido? Cando un ten moitas cousas que facer, e son divertidas o tempo corre. Que digo corre, voa!!!!
Veña, pois imos concentrarnos nas divertidas actividades de hoxe.


  • LENGUA CASTELLANA
Imos seguir traballando co libro "LA CASA". A lectura en voz alta de hoxe de seguro que vai ser moito máis fluida. Xa podedes incluso practicar lendo e levantando un pouco a vista do texto de cando en vez . Leremos despaciño, con seguridade e precisión. Que ben saen as cousas cando se practican o suficiente!  Unha vez rematada a lectura, facemos a ficha 3.

                                               Lengua castellana. LA CASA. Ficha 3  

  • GALEGO
- Diario da corentena . Xa levamos moitos días confinados e a verdade é que os días empezan a parecerse moitísimos uns aos outros, asíq ue, se vos parece, o diario da corentena, a partis de agora farémolo só os días que nos toque galego, que serán tres veces por semana.

Cando rematedes, facemos  esta  FICHA DE GALEGO, A SAIA DA CAROLINA


  • MÚSICA
Non sei que van decir os veciños pero hoxe temos que tocar A SAIA DA CAROLINA coa flauta tantas veces como faga falta, ata que saia ben!!! 
Practicade durante todo o día e ás oito da tarde, cando todos saiamos ao balcón ou á ventá a aplaudir, podedes sair coas vosas flautas e tocar para a xente. De seguro que vos aplauden un montón!! Atrevédesvos??? Veña, a ver se vos escoito a algún de vós dende a miña ventá!

  • VALORES
Nestes tempos tan extraños que nos tocou vivir, hai valores que cobran moita máis importancia. Nesta presentación hai todo un traballo sobre O COMPAÑERISMO E A SOLIDARIEDADE. Ide premendo en cada un dos posts do corcho por orden  para acceder a cada información.  Espero que vos guste (ten sorpresa)  Xa me contaredes!!
  • TAREFA FIN DE SEMANA
E como traballo para a fin de semana vouvos facer unha proposta moi bonita. O Concello de Betanzos acaba de convocar un certame especial das BALCONADAS. Se clicades na palabra vos leva á páxina do Concello no que podedes investigar sobre o que son e en que consisten.
Neste certame trátase de que entre todos convirtamos Betanzos nun museo ao aire libre. Collemos calquera material que teñamos pola casa (unha camiseta, un cacho de sábana.....) e o convirtamos nun lienzo no que pintemos toda a familia. Logo haino que colgar das ventás ou balcóns. Seguro que sodes quen de crear auténticas obras de arte. Que vos parece? Intentámolo? Eu, pola miña parte voume poñer coa miña familia mans á obra xa mesmo!!!!

Ata o luns, Mouchiños

8 comentarios:

  1. Ola Natalia, o video que fixeches fixome sentir moi ben. Moitas grazas.
    Bicos, Lía��

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias cariño. Esa era a intención!! Un bico enorme!!!

      Eliminar
  2. HOLA PROFE ME GUSTO MUCHO VERTE.... YO TAMBIEN TE HECHO DE MENOS A TI Y A TODOS MIS COMPAÑEROS.. UN SALUDO PARA TODOS … NOS VEMOS PRONTO
    DIEGO FERNANDEZ

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola! Q video? Nosotrs no vemos ninguno!
      Queremos verlo!! Ayuda

      Eliminar
    2. O video está no papeliño verde que pon Introducción. Se clicas sobre él, aparéceche nunha nova ventá.

      Eliminar
  3. Hola Natalia y a todos mis compañeros. A mi me gusto mucho el video. Yo tambien os echo demenos tengo ganas de veros a todos.Besos Julia

    ResponderEliminar