PROPOSTA 1 : CONTOS PARA VER, LER E ESCOITAR.
- Poñemos aquí unha selección de contos en castelán e en galego para ler, ver e escoitar. Son para desfrutalos e entreterse con eles.
- A proposta é que cada día leades ou escoitedes un e fagades, se vos apetece, unha das fichas que vos deixo, ben en castelán, ben en galego.
- LECTURAS EN CASTELÁN
- AUDIOCONTOS EN GALEGO
A editorial Kalandraka sempre apostou pola animación á lectura, e nestes días, nos que non poden facer sesións de contacontos, decidiron facer estas sesións virtualmente. Se clicades na imaxe atoparedes montóns de contos contados. Ademais de escoitalos, podedes ver as súas marabillosas ilustracións. Elexide os que queirades!
Nesta páxina atoparedes un montón de xogos divertidos. Só necesitades unha folla cuadriculada, lápiz (un por xogador) e moitas ganas de xogar. Elixe un cada día e busca na casa con quen xogar. Divertidísimos!!!!
PROPOSTA 2. XOGOS DE PAPEL E LÁPIZ
Nesta páxina atoparedes un montón de xogos divertidos. Só necesitades unha folla cuadriculada, lápiz (un por xogador) e moitas ganas de xogar. Elixe un cada día e busca na casa con quen xogar. Divertidísimos!!!!
PROPOSTA 3 .MANUALIDADES FÁCILES
- Se premedes nestas imaxes, vos levan a unhas páxinas onde hai montóns de manualidades divertidas e fáciles para facer na casa. Buceade e buscade un pouco polas páxinas porque hai un montón de cousas divertidas!!
- Papiroflexia . Tamén podedes seguir investigando por youtube para seguir facendo unha colección de animaliños de distintas cores.
PROPOSTA 4 . DEBUXO FÁCIL
Para aqueles aos que vos gusta moito debuxar, propóñovos unha actividade para estes días.- Colle 3 folios e dóblaos pola metade. Colócaos uns dentro dos outros para que che queden como se fose un libro de 6 páxinas.
- Na primeira páxina fai unha portada na que poñas CADERNO DE ANIMAIS e decóraa como queiras.
- Cada día vas debuxando un animal nunha páxina. Podes utilizar para colorealo e decoralo a técnica que queiras: ceras, lápices ou rotus, acuarelas, trozos de papel recortados e pegados como mosaico, plastilina pegada, cachiños de tela ou lá..... Bótalle imaxinación.
- Podedes utilizar como guía a mesma páxina de Pequeocio que xa utilizamos noutras ocasións.
PROPOSTA 5 .CANTAR E BAILAR
Lembra gardar un ratiño todos os días para cantar e bailar coa familia. Buscade en youtube cancións que veñan con letra e facede un concurso de karaoke familiar. É divertidísimo!!!
A descansar e divertirse, que ben merecido o tedes. Podedes seguir enviándome mensaxes cos vosos traballiños.
Vémonos á volta das vacacións. Unha grandísima aperta virtual a tod@s!!!
Ola Natalia:
ResponderEliminarGustaronme moito os contos que puxeches nas vacacións. E como xa che comentara, rechiflanme os origamis. Bicos a todos.