luns, 20 de abril de 2020

LUNS 20 de abril


Bo día Mouchiñ@s:
Benvidos a unha nova semana de "teleactividade". Que tal foi a fin de semana? Algún fixo unha obra para as balconadas? Temos que decorar Betanzos como auténticos artistas que somos!!Temos tempo para seguir traballando nese proxecto así que .... a crear!!! Xa sabedes que quero ver fotos dos vosos traballos!

O xoves desta semana, o 23 de abril, celébrase o día do libro. En moitos lugares é tradición regalar unha rosa e un libro. Polo tanto, moitas das actividades desta semana irán encaminadas a aprender, investigar, e traballar nesta celebración. Empezamos.
  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
    Hoxe imos darlle un pouquiño ao coco. Como é aquelo que decimos na clase?.... Ai si!! "DISCURRE CACHOLA, QUE ESTÁS NA ESCOLA!!!" Pois iso, imos discurrir un pouquiño con estes enigmas matemáticos. Non tes que copialos, só escribir os resultados na túa libreta.

                                                 ENIGMAS MATEMÁTICOS


  • GALEGO
      - Diario da corentena. Imos contar un pouco que tal vos foi a fin de semana ou como fixestes algunha das actividades de plástica que tanto vos están gustando!!
       - Escoitaremos unha canción de Mamá Cabra onde nos falan da importancia de ler libros. Despois faremos unha ficha.

                                         
                                        PROPOSTA LINGUA GALEGA


  • INGLÉS
A profe de inglés mándanos esta folla.    FICHA Nº 10

  • SOCIAIS
Seguimos traballando un pouco de repaso .

AS LOCALIDADES. REPASO

SOCIAIS . A NOSA LOCALIDADE

5 comentarios:

  1. Hola Natalia, la ficha de sociales no se puede abrir. Gracias.

    ResponderEliminar
  2. Ahora ya puedo abrirla. Gracias y hola a todos mis compañeros de clase.

    ResponderEliminar
  3. Ola a todos, non me sae o exercicio dous dos enigmas. Alguen me pode axudar, por favor?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Lía. Terás que esperar á publicación das solucións mañá e mentres tanto seguir dándolle ao coco. :)

      Eliminar