mércores, 15 de abril de 2020

MIÉRCOLES 15 de Abril

Bo día.
 Espero que a volta ao traballo de onte non fora moi dura. Xa sabedes que as actividades que vos poñemos son  "propostas" e que se un día non vos da tempo a rematalas todas, non pasa nada.

 Antes de comenzar co traballo de hoxe, quero preguntarvos que tal vos vai co proxecto de plástica de onte de construir a vosa casa (en pequeniño, claro 😂) . Imaxino que a algún de vós se vos ocurriría facer unha palloza, xa que tanto traballamos investigando sobre elas... Xa sabedes que me gustaría recibir fotos. Algunha xa me chegou. Con todas as que  mandedes esta semana farei un video e colgareino no blogue a semana que ven. Animádevos a participar!!

  • GALEGO
Non sei como vos vai co Diario da corentena, se continuades con el, se o tedes esquecido..... Pois ben, é hora de retomalo. Imos facer hoxe unha entrada e contar un pouco como nos foron estas vacacións de Semana Santa tan especiais e tan diferentes.... Seguro que tedes moitas cousas interesantes e divertidas que podedes contar. Se o ilustrades quedará moi chulo. 

Unha vez rematado o diario, facemos esta ficha , que está relacionada coa canción que tedes que preparar para música esta semana.

                                                    FICHA DE GALEGO. A saia da Carolina

  • MATEMÁTICAS
Póñovos aquí un cuaderniño de matemáticas con problemas para resolver. Podedes copialos directamente na libreta. Lembrade o método que usamos:
1º Buscamos os datos e a pregunta.
2º Pensamos que operación haberá que facer para resolvela.
3º Facemos as contas necesarias para resolver as operacións.
4º Cada solución...... merece unha oración!!! Escribimos oracións completas contestando á pregunta que nos fixeron.
Hoxe imos facer os problemas do 1 ao 6 (páxina 1 por diante e por detrás). Copiámolos na libreta e os resolvemos. Podedes ilustralos con debuxos, se vos apetece!

                                                Juegos de resolución de problemas matemáticos - Mundo Primaria
  • SOCIAIS
Retomamos a lectura do libriño "La casa" de onte e facemos esta ficha de sociais.

                                               SOCIAIS. A casa e os traballos


  • INGLÉS . Ide ao blogue para a entrada de hoxe clicando en 
                                            THIRD LEVEL. WEDNESDAY 15TH APRIL


E nada máis por hoxe. Vémonos mañá!!!!


                                                    

4 comentarios: