xoves, 16 de abril de 2020

JUEVES 16 de abril


  • Bo día a todos.

 Como van esas casiñas? Seguro que estades facendo auténticas marabillas!! 
Tamén me gustaría ver máis imaxes das vosas figuriñas de origami ou papiroflexia. Fixéchedes moitas?? Se vos parece, coas imaxes que me enviedes fago unha presentación para colgala no blogue. Animádevos a participar!!!

  • CASTELLANO
Seguimos co noso libro "LA CASA". Podemos voltar á entrada do martes e repasar a súa lectura. Xa sabedes, en voz alta, pronunciando ben e con entonación. 
Hoxe tócanos facer a segunda ficha, esta vez de expresión escrita. Temos que abrir a "caixa" onde temos gardadas a  creatividade e a imaxinación e deixalas saír para facer esta ficha. Cando a rematedes, podedes pasar a limpo os vosos contos  e mandarme unha foto ao correo para que poda velos. Incluso, se alguén se anima, pode pedir axuda a un maior da casa e intentar escribilo no ordenador. Facede a proba a ver que tal vos sale.


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Hoxe tócanos repasar outra vez algo de operacións. Empezaremos xogando para despois facer unha ficha.

                                                      ARITHMETIC (Juego de Multiplicación y División en la cuadrícula)
                                   
Agora que xa temos o cerebro entrenado, toca a ficha    REPASAMOS OPERACIÓNS

  • NATURAIS
Esta semana seguimos a repasar os sentidos. Para iso veremos primeiro os videos da entrada do Martes 5 de novembro. Se premedes neste título xa vos leva directamente á páxina.


Xa vos acordades ben? Pois agora faremos a ficha de repaso   FICHA OS SENTIDOS


  • EF. 
          Eu tamén necesito mover un pouquiño o esqueleto así que hoxe a clase de EF vouna facer con vós. Imos alá: chándal, coleta, moitas ganas ....... e a moverse!!!!                                           

                                                    VAMOS A MOVERNOS DÍA 10





E para os que sodes moi curiosos e vos encantan os animais, déixovos uns interesantísimos  vídeos. O que aquí vos contan non se estudia nos libros de texto!! ATA MAÑÁ!!!

3 comentarios:

  1. Hola, Natalia. La ficha de lengua castellana es la misma que la del martes pasado.

    ResponderEliminar
  2. Brais C:yo la imprimi des de la aula virtual

    ResponderEliminar
  3. Brais c:yo ya colgue las fotos de la casa

    ResponderEliminar