Bo día aos Mouchiñ@s e a todos os visitantes de Vila Moucha!!
Hoxe iniciamos o mes de xuño. Que vos suxire esta palabra? Se eu vos digo XUÑO!, cal é a primeira palabra na que pensades? Verán, calor, vacacións, praia.... E moitas máis. Chegamos ao último mes deste curso tan extraño que lembraremos para toda a vida, no que tanto traballamos e aprendimos pero ... sen ir á escola!!
Teño que decirvos unha vez máis que estou moi orgullosa do voso traballo e de como, a pesares do difícil que é manter a concentración e a rutina diaria a distancia, vós seguides traballando día a día e preparándovos para cuarto. Esperemos que o vindeiro curso todo volva á normalidade!!
Esta semana continuamos co traballo da semana anterior en canto a paisaxes e estadística. Teredes que facer e enviar as probas de galego
Esta semana continuamos co traballo da semana anterior en canto a paisaxes e estadística. Teredes que facer e enviar as probas de galego
- GALEGO
Esta semana tócalle o turno ás probas de galego. Lede con calma as instruccións, pensade ben as respostas e veredes como esta proba tampouco ten ningún segredo para vós. Unha vez teñades claras todas as respostas, enviádellas ao/á profe polo correo da clase.
- SOCIAIS
O tema das paisaxes da moito de sí. Así que esta semana continuamos afondando un pouco nel.
- MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Pasa o mesmo co tratamento da información. Hai moito que contar e moi interesante. Que tal o encargo que vos fixen a semana pasada? Atopáchedes nalgún periódico, revista, noticia da tele, páxina de internet ... algún gráfico ou diagrama de datos? De que era?
- ENGLISH
Rematamos este luns de inicio de semana e de mes coas propostas de inglés.
EnglishVales
E para os que non podedes ver a ficha, tédela aquí. FICHA DE INGLÉS
Ánimo Mouchiñ@s. Un pequeno esforzo máis que pronto rematamos o curso!! Ata mañá!!😘😘
Ánimo Mouchiñ@s. Un pequeno esforzo máis que pronto rematamos o curso!! Ata mañá!!😘😘