xoves, 25 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA VERÁN


Despois dun curso diferente e bastante duro, no que todos aprendimos un montón de cousas novas, a recomendación máis importante que vos fago  para este verán é que descansedes e dediquedes o voso tempo a xogar, saír a pasear, facer exercicio, estar cos amigos e a familia....
Ademáis vos deixo consellos e propostas miles por se non vos queredes aburrir. 

1.- A primeira recomendación ven en forma de lista de actividades para pasar un verano TOP. Se premedes sobre ela podedes imprimila e ir tachando aquelas que fixestes para contárnolo en setembro. 


                                                   Lista de actividades para pasar un verano TOP! [Checklist ...

2.- Para aqueles un pouquiño máis académicos, déixovos unha ficha con caderniños de distintas actividades para facer. Especialmente interesantes son os de desenvolvemento da intelixencia.

                                   RECOMENDACIÓNS VERÁN 2020. CADERNIÑOS

3.- Nesta terceira recomendación déixovos enlaces a distintas páxinas onde podedes atopar recursos de todo tipo e xogos moi interesantes. 


                                              

Actiludis





                          
     Especialmente interesantes son os recursos que podedes atopar na páxina de abaixo do Colexio de Educación Primaria, Pablo de Olavide de Cádiz.  Incluso vos dan moitísimos enlaces a páxinas para o alumnado nos que podedes atopar cantidade de cousas que vos poden gustar.      

A última, pero non menos importante recomendación é que acompañedes os vosos días de verán coa lectura de libros interesantes. Podedes vivir grandes aventuras e viaxar a mundo máxicos, imaxinarios ou reais, ao mesmo tempo que aprendedes moitísimas cousas. No blogue da biblioteca do cole tedes recomendacións.

                                    QUE TEÑADES UN SANO E FELIZ VERÁN !!!!!!!!!!

venres, 19 de xuño de 2020

VENRES 19 de xuño

E chegamos ao final!!! O curso xa está rematado  e só nos queda descansar. Aproveitade o verán para durmir moito, xogar, saír á rúa e á praia , crecer 😂.....
Foron unhas circunstancias difíciles e extrañas pero vós, traballáchedes un montón e moi ben! Todo o equipo de profesores vos damos a noraboa polo voso esforzo. Sodes un campións e campionas!!

Hoxe, para dspedirnos, imos xogar un pouquiño máis coas palabras, que son un dos mellores xogos que hai e despois ... a bailar!!!! deixámosvos unha recopilación de cancións moi coñecidas por vos que de seguro, vos apetece cantar e bailar en canto as escoitedes!!


                                                    JUGAMOS CON LAS LETRAS



  • CANTAMOS E BAILAMOS



E xa nada máis por este curso. 😢En verán podedes dar unha volta polo blog de cando en vez e xogar a algún dos xogos que vos encantaron ou repetir algunha lectura , conta de mates, exercicio.... Usádeo e traballade nel como queirades.
A vindeira semana publicarei unhas recomendacións para verán e refarei o vídeo das manualidades para completar algunhas que chegaron máis tarde.

Pasádeo moi ben durante o verán. Véxovos en setembro!!! Moitísimos mouchobicos e mouchoapertas para todos!!!

                                      

                                                           

xoves, 18 de xuño de 2020

XOVES 18 de xuño

Bo día a tod@s
Parece que por fin sae o sol e que xa se empeza a ulir o verán. Que ben!!! Hoxe temos un día de pouco traballo porque xa estamos chegando ao final e ademais...... temos unha cita!! Estou desexando que me contedes cousas!!
Mentras non chega a hora imos facendo unhas cousiñas.


  • MATEMÁTICAS
Outra de acertixos. Eres quen de resolvelos sen mirar as solucións? O último deles vaivos soar moito porque está repe, xa veredes!

                                           ACERTIXOS MATEMÁTICOS

  • LENGUA CASTELLANA
Coñecedes o código Morse? Imos aprender algo máis sobre el e a practicalo un pouco. Unha vez que o teñamos dominado podemos xogar aos espías e mandarnos mensaxes en código Morse!

                                        JUGAMOS CON LAS LETRAS

  • NATURAIS
En naturais hoxe hai onde elexir. Tedes un montón de xogos para xogar e mandalas para colorear. Unha delas é especialmente bonita, a ver se adivinades cal é. 

                                             XOGOS E COLORES


 E para rematar o día de hoxe ides ver un vídeo. Xa que non poidemos facer a exposición que tiñamos previsto cos traballos de manualidades que fixestes durante o confinamento, polo menos facemos un vídeo. Non descarto a idea desa exposición para máis adiante, así que gardade os traballos!. Teño que decir que estou tremenda e gratamente sorprendida dos marabillosos proxectos que fixéchedes. Son preciosos!!!!!!
Perdoádeme se falta algún. Se non está o teu é porque se me despistou no medio de todos os emails recibidos porque a verdade é que traballáchedes moito e enviáchedes moitísimas cousas. Pero os que van, son unha perfecta mostra das vosas laboriosas mans.
Hai que darlle as grazas ás familias xa que foi un pracer traballar con elas nestes proxectos ademais de que estou segura de que vos encantou que vos axudaran a facer as vosas creacións nesas longas e aburridas horas de confinamento. 
                                    Noraboa a todos e todas. Encántame o voso traballo!!!!!!




mércores, 17 de xuño de 2020

MÉRCORES 17 de xuño

Xa chegamos á metade da última semana lectiva de curso. A pesares das distancias e das circunstancias teño moita pena de que remate este curso. Sei que cando vos volva a ver  en setembro ides estar todos altísimos e guapísimos. Algún ao mellor xa casi me alcanza a min!! Veña, non nos poñamos tristes e a traballar as propostas de hoxe. 


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Imos darlle un pouco á cabeza para discurrir unha serie de acertixos matemáticos. Non mires as solucións ata que non estruxes un pouquiño o coco!

                                             ACERTIJOS MATEMÁTICOS

  • SOCIAIS
Repasaremos as paisaxes e o relevo con dous interesantes enlaces. Aproveita para comprobar cantos destes elementos aparecen na túa maqueta sobre as paisaxes.

                                         REPASAMOS AS PAISAXES

  • GALEGO
Que che gustan máis, os cans ou os dinosaurios? E canto sabes deles? Hoxe imos facer unha pequena investigación ou busca de información para saber máis sobre un tema. É importante aprender a buscar e saber onde atopar as cousas que queremos saber. Elixe un dos temas que che propoñemos e comenza e a investigar!!

                                                OS CANS         OU        OS DINOSAURIOS
  • INGLÉS
O Blogue de inglés despídese hoxe. A última tarefa deste curso consiste en cantar unha canción dos Beatles que a min, particularmente, encántame. Fala de decir adeus (coma nós, que lle decimos adeus ao curso) pero tamén de decir ola ao novo que está por vir (o verán, un curso novo.....) É moi faciliña de cantar e se a escoitades un par de veces, veredes que rápido a aprendedes. Tamén tedes algúns xogos moi divertidos e algunhas recomendacións.  Ready, steady..... go!!
  

                                                  

Nada máis por hoxe. Espero poder vervos a todos mañá na videoconferencia. Faime moitísima ilusión!!!! Mentras tanto, quedamos cantando en inglés. "You say yes, I say no ...  🎵🎶🎤" Atá mañá Mouchiñ@s!!!!!!!!

                                    Gif Animaux Drôles | Fotos animadas, Buho dibujo, Dibujos animados ...

martes, 16 de xuño de 2020

MARTES 16 de xuño

Bos e frescos días:

Imos facer hoxe un repasiño rápido por xogos de varias materias. Imos empezar desperezándonos e estirándonos.



  • EF
¡Vamos a movernos!
                                                  



  • LENGUA CASTELLANA
Seguiremos entrenando a nosa intelixencia. Sei que a semana pasada gustáronvos moito os xogos de memoria. Pois aquí tendes algún máis.
O último xogo da ficha xogarémolo en canto volvamos á clase. Aprendede ben as regras!.

                                                              ¡QUÉ MEMORIA!

  • NATURAIS
Vamos ver se xa eres un experto en Naturais. Tes que completar este encrucillado coas definicións que che dan. 

                                                      EXPERT@ EN NATURAIS

  • PLÁSTICA
Esta que vos presentamos hoxe xa é a última tarefa de plástica deste curso 😩. Que pena, co que nos gustan!!! Poi ben, queremos que fagades algo precioso, coma sempre, e nos enviedes fotos . Ademáis do video que xa está colgado na aula virtual con algunha das vosas manualidades, farei eu outro para poñer no blogue. Veña, deixade voar a vosa imaxinación, poñede a traballar a vosa creatividade e a crear!

                                                        FACEMOS UN MARCO


Ata mañán Mouchiñ@s. Aquí quedo pensando nos materiais que vou usar para o meu marco.Abrigádevos que parece que vai un frío de inverno. 😂 Moitos bicos para todos!!!!

                                                                  Картинки, фото | Búhos de historieta, Buhos animados, Arte de búho


domingo, 14 de xuño de 2020

LUNS 15 de xuño

Bo día a tod@s!!!!

Iniciamos a última semana do curso. Hurra!!!Este curso tan raro fíxosenos longo pero xa vedes, aquí estamos xa ás portas do veran: descanso, calorciño, praia .....
Queda moi pouco por facer porque xa traballáchedes un montón así que esta semana seguiremos con xogos de repaso e pouca cousa mais.


  • MATEMÁTICAS
         DIFERENCIAS                        LABERINTO
         
  • SOCIAIS
           REPASAMOS SOCIAIS


Para rematar o día de hoxe, déixovos un bonito e simpático vídeo de mouchos. Sodes quen de poñerlle un adxectivo distinto a cada un dos mouchos que vedes? Por exemplo, a min o primeiro paréceme......   RÁPIDO. O segundo moucho é ......  XOGUETÓN.  Segue ti...
Ata mañá Mouchiñ@s!!


venres, 12 de xuño de 2020

VENRES 12 de xuño

Bos e mollados días!!
Que tal andan eses ánimos? Xa non nos queda nada para rematar así que vos vou pedir un último esforzo para estes días.


  • LENGUA CASTELLANA
Seguimos activando a nosa intelixencia e hoxe lle toca o turno ao razonamento lóxico. Quen se lembra daquela frase que vos digo sempre na clase para facervos pensar? Imos facer coma onte: o que lembre a oración que a escriba nos comentarios. Ben, pois o traballo de hoxe vai de discurrir.

                                                                  DISCURRE  


  • GALEGO 
Xogar coas palabras é moi divertido. Hai acertixos, sopas de letras, códigos....

                                                       XOGAMOS COAS PALABRAS

  • MÚSICA
Algún de vos toca un instrumento ademais da flauta? Cal che gustaría aprender a tocar? Na actividade de hoxe repasaremos os instrumentos da orquesta. Elixe o teu favorito.

                                 REPASAMOS OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTA

  • ENGLISH
Clica na imaxe para acceder aos distintos xogos do blogue de inglés 
  Good Morning Sun Sticker by Omer
  • RELIXIÓN CATÓLICA
Neste enlace tedes a ficha desta semana.    PARÁBOLA DEL BUEN SAMARITANO

Nestoutro están as solucións da semana pasada. EL HIJO PRÓDIGO

  • VALORES SOCIAIS E CÍVICOS
Para aqueles que elexíchedes esta optativa, ou para todos os que queirades, temos unha moi interesante proposta para hoxe. 
Todos coñecemos a Mero. Pois ben, Mero quere que todo o alumnado do Vales Villamarín faga un hoco no seu interior para aloxar un corazón verde. Esto non é só unha actividade para hoxe senon  unha maneira de vivir. Únete a Mero, convírtete en protector do medio ambiente e envía as túas propostas ao correo que che damos. 

                                                     TEÑO O CORAZÓN VERDE.


Despídome xa Mouchiñ@s, que co que chove teño que ir buscar unha árbore que me protexa da auga que non teño ganas de mollarme. Ata o luns!!!!!!!!!!!
   
                        Imágenes animadas y en movimiento       EL BÚHO ESTÁ EN EL ÁRBOL. | Animales animados, Owl

xoves, 11 de xuño de 2020

XOVES 11 de xuño

Empezamos un novo día de traballo lixeiro . Que vos teremos preparado para hoxe? Pois cousa fácil e cousa divertida, sí señor. Así que veña, con ilusión e forza, premede nas pestanas! Empezamos!!


  • LENGUA CASTELLANA.
Seguimos activando a nosa intelixencia. Se o martes foi o turno da memoria hoxe lle toca á ATENCIÓN. Hay que ser observadores e pacientes e non querer facer todo a carreiras porque así non sae ben.
Lembrades o cartel grande que tiñamos na clase encima da pizarra dixital? Estaba relacionado co tema de hoxe. Vouvos facer tres preguntas a ver se sodes observadores ou non e que tal funciona a vosa memoria. Se sabedes as respostas, poñédeas nos comentarios. A ver quen é @ primeir@ en responder ben!!
                      .- De que cor era?
                     .- Que tiña debuxado?
                     .- Cal era a palabra que aparecía no cartel?

Agora imos facer uns exercicios de  atención e concentración. A xogar!!!

                                    PON ATENCIÓN

  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Mira que son divertidos estes xogos. Hoxe lle toca o turno aos euros. Imos comparar prezos e despois facer un par de puzzles.

                                    COMPARA PRECIOS


  • NATURAIS
Imos ver un relaxante video sobre como medran as plantas a cámara rápida. Logo vas poñer a proba o que sabes delas cunha sopa de letras.

                                  AS PLANTAS


  • EF
Rematamos este día tan activo mentalmente, activando o corpo. As propostas de EF sempre son moi variadas e interesantes. 

                                          ¡VAMOS A MOVERNOS! Día 26

E xa nada máis por hoxe. Déixovos que levo un cacho intentando facer o pino. E que non me sae!!! 

Imagenes De Lechuzas Con Movimiento | Imagenes de lechuzas ...

mércores, 10 de xuño de 2020

MÉRCORES 10 de xuño

Bo día:
Vai frío estes días, verdade? Parece que xa sae o sol pero de ir á praia nada! Imos ter aínda uns días de tempo regular pero despois volveremos á normalidade nesta época. Abrigádevos mentras tanto para non coller frío!

Empezan a chegar fotos das anipinzas. Chulísimas!! Coma sempre, superades con creces as nosas expectativas. Están moi ben feitas e son moi creativas.


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Imos repasar operacións: sumas, restas, multiplicacións, divisións..... Hai varios niveles de dificultade. A ver ata onde chegas!!!

                                             REPASA OPERACIÓNS


  • GALEGO 
Cambiamos os número por letras e agora imos xogar coas palabras: adiviñas, códigos secretos....

                                        XOGAMOS COAS PALABRAS


  • SOCIAIS
Imos descubrir curiosidades, repasando aldeas, vilas e cidades 

                                        REPASAMOS LOCALIDADES 

  • ENGLISH
Preme na imaxen para descubrir as propostas de hoxe. 

                                                     


E xa nada máis por hoxe. Se aínda non estades fartos de xogar, elexide polo casa algún xogo tipo construcción e intentade facer unha vila ou aldea. A ver que sae!
Eu quedo aquí xogando cos meus amigos, a ver quen aguanta máis sen pestanexar. Queres xogar con nós?  Ata mañá Mouchiños!!!

                                        
                          Blog de imágenes: Animacione y gifs de búhos divertidos                 

martes, 9 de xuño de 2020

MARTES 9 de xuño

Bo día, Mouchiñ@s bailaríns.
Que tal vos foron as actividades do día de onte? A que foron divertidas e fáciles? Se sempre foran así... Pero non pensedes que polo feito de ser xogos, non aprendedes nada. Ao contrario, ás veces apréndese moito máis xogando que estudiando dos libros. O truco está en combinar de todo un pouco, e en practicar con xogos o que estudáchedes nos libros. Empezamos coas actividades de hoxe.

  • LENGUA CASTELLANA
Esta semana imos facer unha serie de actividades que nos sirvan para desenvolver distintos aspectos da nosa intelixencia. Empezaremos pola memoria, que, canto máis se entrena, máis crece. Así que xa sabedes... a entrenar!!
                                                        ¡QUÉ MEMORIA!
  • EF
Agora imos entrenar outra parte do noso corpo.  ¡¡VAMOS A MOVERNOS!! Día 25

  • NATURAIS
Imos xogar un pouquiño cos animais. A quen no lle gustan? Seguro que non hai ninguén na clase que  diga tal cousa. 
                                                                 OS ANIMAIS
  • PLÁSTICA
Unha das cousas que descubrimos durante este confinamento foi o que vos gusta facer proxectos de plástica e os grandes artistas que sodes. Superáchedes con moito as nosas expectativas. Hai que ver que marabilla de traballos fixéchedes!! 
A ver como se vos da o de hoxe. Xa sabedes que nos encanta ver fotos !

                                                   TAREFA 11. PINZAS



Ata mañá!!!! Aquí quedo pensando que vou facer coas pinzas. Poderei facer un moucho? Ummm, xa veremos o que sae! Bicos!!!