xoves, 23 de abril de 2020

XOVES 23 de Abril

 DÍA DO LIBRO
Personalmente penso que o día do libro debería ser cada día. Pero no calendario internacional, para que todos lembremos a importancia dos libros e todo o que nos ofrecen,  celebrámolo o 23 de abril. Na ficha de Castelán averiguaredes por que elexiron esta data e non outra.

Polo tanto, hoxe é un día repleto de celebracións, proxectos e ....xogos matemáticos na nosa clase virtual. Así que aquí vos quedan unha serie de propostas de Proxectos para a celebración.


  • LENGUA CASTELLANA
Empezaremos esta ficha averiguando por que precisamente hoxe é o día do libro. Podes utiliza o enlace á wikipedia que tes á dereita da páxina.
Despois atoparás dúas propostas para a celebración do día do libro. Elixe unha delas, a que máis che guste, e vai traballando un pouquiño cada día nela ata que a teñas lista. De seguro que te vas divertir un montón creando o teu traballo.


  • NATURAIS
Imos continuar un pouco co traballo  martes relacionándoo co día do libro

                                                     OS SENTIDOS. A VISTA  II


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Hoxe, máis que nunca, vaiche quedar claro o simpáticas que son as matemáticas!!!
Dous profes de primaria, Pedro Santos Juanes e Victoria Navarrete Aguilar, deseñaron un escape room online co que podedes poñer a proba os vosos coñecementos matemáticos. Seguide as instrucción e .... a xogar!!

                                           O MISTERIOSO CASO DO VIRUS. PASOS A SEGUIR
  1. Le as instruccións  ou mira o vídeo.
                                              


2. DESCARGA AS FICHAS  ou cópiaas na libreta.

3.- A XOGAR.
. Se superas o reto 1 e eres quen de entrar na biblioteca, obterás 10 puntos.
. O reto 2 é optativo, e moito máis difícil. Pero se eres quen de resolvelo e entrar na  biblioteca terás 20 puntos máis.                               

                                                     Escape room COVID-19


  • EF. Despois deste emocionante xogo no que tivemos que usar tanto o coco. ímoslle dar un pouco ao corpo. E con isto, xa nos despedimos ata mañá!! Déixovos que me poño a facer exercicio!!
                                        

4 comentarios:

  1. Hola soy Andrea. Feliz día del libro a tod@s.
    Natalia ya vi el vídeo de todos los profes, muy chulo. Tienes un perro muy bonito.
    Un beso chic@s

    ResponderEliminar
  2. Hola Natalia. En el juego del virus cuando pones el codigo ¿ tiene que pasar algo? poque a mi no me hace nada.
    Julia

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Julia.
      Al poner el código tienes que luchar con unos cuantos coronavirus para poder entrar en la biblioteca. Si no te deja entrar es que el código no es correcto. Prueba de nuevo

      Eliminar