GALEGO
- Diario da corentena. Cantas cousas interesantes contades nel? Estades vivindo un momento histórico que se vai lembrar por moitísimos anos e cando sexades maiores seguro que vos gustará ler o que vos facíades neste momento. Se aínda non o empezaches, é bo momento para facelo. E lembra facer unha pequena ilustración cada día.
- Propóñoche un xogo que podes xogar só ou con alguén. É unha variante do xogo de categorías. Podedes cambiar de letra tantas veces como queirades. A Xogar!
CASTELLANO
- Nova lectura de "La rana de 3 ojos" (xa casi a sabedes de memoria) e unha divertidísima ficha
LA RANA DE TRES OJOS. FICHA 5
MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Seguro que dos xogos que vos deixei onte aínda queda algún por facer. Pois hoxe é bo día para seguir xogando co de onte e repasar un pouco máis de medidas de lonxitude.
SOCIAIS E NATURAIS
Imos facer un repaso dos nosos proxectos de investigación e volver a realizar unha pequena exposición oral. Sabedes que antes de facela debemos elaborar un pequeno guión para ter claro o que imos decir e non trabarnos unha vez que empecemos. Podemos pedirlle a algún membro da familia que nos grave no móbil para logo poder ver que tal o fixemos. Ánimo que é moi divertido!
- Proxecto da semente. Exposición oral explicando o material utilizado, cómo o fixemos e o que fomos observando ata finalizar o proxecto.
- Proxecto investigación animal. Pode que teñades feito un ou dous. Veña, practicade esa exposición.
- Proxecto investigación dunha tradición do mundo. Que país elexichedes? Que costume ou tradición investigachedes? Poi agora, cóntallo á túa familia.
PLÁSTICA
Polo que me contáchedes, unha das actividades que máis vos gustou facer foi a da papiroflexia. Propóñovos varios animais . Por suposto, un deles ten que ser a rá, despois de traballar toda a semana con ela. Podedes incluso pintarlle 3 ollos! 😃 Aproveitade a fin de semana para facer os que queirades. Podedes parar os videos ou volver atrás tantas veces como necesitedes .
AVISO: Na barra da dereita, no apartado de Que pasa no Vales?, engandinvos un enlace á aula virtual do Departamento de Orientación do cole, onde se irán publicando un montón de recursos moi interesantes. É moi recomendable visitala!!
E para cantar coa familia a todo pulmón, déixovos esta canción tan preciosa do Dúo Dinámico, cantada por máis de 30 artistas. É unha versión espectacular! A cantar todos xuntos!!!
TODO VAI SAIR BEN!!!!
Hola yo hice una estrella de papiloflexia 😘😘😘. Que tal la cuarentena?
ResponderEliminarAri
ResponderEliminarBrais: a mi vien
ResponderEliminarMe alegro
ResponderEliminarAri
ResponderEliminarAri
ResponderEliminarQué bien! Os vais a hacer expertos en el arte de la papiroflexia!!
ResponderEliminarGracias Natalia!!!😘😘😘
ResponderEliminar