mércores, 1 de abril de 2020

ACTIVIDADES DÍA 13. Mércores 1 de abril

Bo día mouchiñ@s!
Que tal descansáchedes esta noite? Xa sabedes que é importante durmir ben para que o noso cerebro teña tempo de resetearse e empezar o día fresco e reparado. Pois veña, imos polos retos de hoxe!

LENGUA CASTELLANA
Volvemos a ler en voz alta "La rana de tres ojos" de Olga de Dios. A estas alturas xa case somos expertos lectores. Podemos incluso ler un cachiño e levantar a vista para mirar aos nosos "escoitantes" e volver ao texto sen perdernos. Se aínda non podedes facelo non vos preocupedes. Todo é cuestión de practicar un pouco máis e seguro que vos sae!
Unha vez lido o conto facemos a seguinte ficha.


MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Hoxe toca repasar outra vez a división. Outra veeez???Si, outra vez. Práctica, práctica, práctica.....

  • Empezaremos vendo de novo os videos do xoves 26. Pero se xa non tes dúbidas de como facelo podes saltar este paso. 
  • Continuamos xogando un pouco para ter más rapidez no cálculo.

Cómo realizar una división de una cifra – El pensanteDivisiones por una cifra        

  • Por último facemos a ficha de repaso correspondente.

NATURAIS
  • Proxecto plantas. Qué tal van esas lentellas? Están plantadas xa na terra? Se é así, seguro que seguen a crecer. Podedes engadir un debuxo ao voso traballo de como están agora.
  • Proxecto animal. Imaxino que xa está rematado. Propóñoche, se che apetece, facer outra investigación pero cunha condición. Se o traballo anterior foi dun vertebrado, agora ten que ser dun invertebrado, e viceversa. Apetéceche? Xa sabedes que, en canto volvamos á escola, veremos todos eses traballos que estades a facer. Tamén podedes mandarmos ao correo. Non olvidedes preparar ben a exposición.
  • Imos facer unha ficha de repaso, relacionada coa rá de tres ollos.
                                        A RA E A CONTAMINACIÓN

GALEGO
  • Diario da corentena.
  • Continuamos coa ficha iniciada onte. 
VALORES
  • Busca no diccionario a palabra "AMISTADE". De que outra maneira se pode decir en galego? 
  • A continuación podedes ver este precioso corto no que se fala dunha historia de amistade, tenrura e entendimento. Non importa o aspecto físico que se teña nin que non che gusten as mesmas cousas; o importante é que sempre podemos atopar unha forma de conectar con outras persoas. Temos que saber recoñecer os erros que cometemos e aprender deles para avanzar e crecer como persoas.  
  • Unha vez rematado o corto, podedes facer un debuxo voso con ese gran amig@ que estes días botades tanto de menos e estades desexando volver a ver. 

Ata mañá. Unha grandísima aperta virtual.

3 comentarios: