domingo, 15 de marzo de 2020

NOTA INFORMATIVA E INSTRUCCIÓNS

Bo día:
Seguindo instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/30551), durante estes días  o equipo docente de 3º do CEIP Vales Villamarín elaboraremos unha serie de actividades de diferentes materias co fin de  garantir a continuación do proceso educativo do noso alumnado dende as súas casas. Estas actividades non terán carácter de avaliables.
Diariamente irémosvos propoñendo actividades de distintas materias. As propostas aparecerán nos blogues de 3º e na páxina web do colexio, no apartado de Aula Virtual, sección Aula de 3º. Podedes realizalas nos vosos cadernos de aula ou nun caderno específico no caso de que os vosos cadernos quedaran no cole. 

     No caso de 3º B, todas as actividades das linguas podedes realizalas no caderno de lingua castelá, mentras que as de mates, e as ciencias (sociais e naturais) poden ir no caderno de mates. O primeiro que deberedes facer é unha portada, na páxina que toque, que poña ACTIVIDADES DA CASA. Deixades libre a parte de atrás e na páxina seguinte xa podedes empezar a facer as actividades. Lembrade que, antes de empezar cada día poñemos a data e o título das actividades que imos facer (Actividades de galego , Actividades de Matemáticas, Dictado, Diario.....). Hay que copiar os enunciados e responder ou realizar as actividades, salvo no caso dos problemas de mate que xa sabedes que poñemos o número de exercicio e resolvemos coma sempre. As lecturas non se copian, salvo que vos indique expresamente que sí. Deixade separación entre unhas actividades e outras e un pouquiño máis entre un día e o seguinte.

     Podedes deixar os comentarios que queirades no blogue, sempre e cando vos identifiquedes, é dicir, digades quen sodes. Para calquera dúbida ou aclaración podedes escribirme vós ou as vosas familias ao e-mail da clase de 3ºB mouchosvales@gmail.com

     Imos sacar o máximo proveito desta  experiencia que nos tocou vivir. Aínda que non podamos saír da casa, hai moias cousas interesantes que podemos facer xuntos pero a distancia e o máis importante é que manteñamos unha rutina todos os días. Lembrade que os vosos profes, aínda que non nos vexades, estamos con vós axudándovos e guiándovos no que necesitedes. Contade con nós! Vémonos día a día. 
                                                             Ánimo Mouchiños. Unha aperta dixital!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario