Para hoxe imos propoñer unhas actividades que tamén tedes na aula virtual. Xa sabedes, tomádeo con calma e non fai falta facelo todo xunto. O venres non poñerei actividades específicas de maneira que podades repasar ou completar o feito durante a semana.
CASTELÁN
Busca a alguén pola casa que che poda ditar o poema "Un mundo ao revés" de J.A. Goytisolo. Telo na entrada de onte. Lembra que non podes facer trampa e hai que escribilo sen mirar. Escribe cada verso nun renglón. Unha vez rematado, comproba as faltas e corríxeas. Espero que non teñas ningunha!!!
SOCIAIS
Imos facer outro pequeno traballo de investigación nos próximos dous ou tres días. O título é COSTUMES E TRADICIÓNS, Clicade na imaxe e atoparedes un documento para ler e traballar . Xa veredes que cousas interesantes atopades.
MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Lembrades o último circo que chegou a Betanzos? Pois ben, aquí vos quedan unhas preguntiñas sobre el. Sodes quen de resolvelas?
XADREZ
Gustaríavos aprender a xogar ao xadrez? Seguro que todos tedes un pola casa. E se non, cando volvamos ao cole podedes practicar na sala de xogos. Cada día vos poñerei videos explicativos. Empezaremos polos dous primeiros. Podedes velos tantas veces como queirades!
Ningún comentario:
Publicar un comentario