GALEGO
Hoxe podemos escoitar este audioconto da aula virtual e facer a ficha correspondente. Premede nas imaxes.
SOCIAIS e NATURAIS
- Temos dous fabulosos traballos de investigación en marcha: Unha costume do mundo e un Animal
- Como van as plantas? Se vedes que xa están moi grandes, facede unha última anotación do seu crecemento e plantádeas. Se tedes unha pouca terra na casa, é o momento de poñer as vosas plantiñas nela. O alimento que tiñan almacenado dentro xa non é suficiente para que sigan crecendo e necesitan da auga e das sustancias disoltas na terra para fabricar novo alimento. Se non tedes terra, non pasa nada. O proxecto remata aquí.
MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Entre hoxe e mañán imos repasar un pouquiño a división.
- Primeiro facede memoria con estes dous videos explicativos. Pero lembrade que nós, o paso de escribir a resta xa non o facemos porque restamos mentalmente. O proceso é o mesmo.
- Segundo imos xogar cos xogos da entrada do xoves 19 de decembro. Os que queirades e tantas veces como queirades.
- Por último, para practicar imos facer esta ficha da aula virtual
Para pechar o día de hoxe, déixovos tres novas entregas de como aprender a xogar ao xadrez
Brais C:que chulos
ResponderEliminar