xoves, 19 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DÍA 5. Venres 20 de marzo

Bo día Mouchiños:
Xa sei que hoxe era ponte, e non tiñamos escola pero como non quero que vos aburrades moito vou lanzar unhas propostas.

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Imos repasar un pouco o último que demos na clase: o sistema métrico decimal. Déixovos uns videos de repaso e unhas actividades. Podedes aproveitar para medir cousas ou persoas pola casa e apuntar os resultados na libreta.
Imos aló: Mide que mide!!

              Captura de pantalla 2014-03-24 a la(s) 19.37.33

GALEGO
Temos que facer o diario de antonte e mailo de onte. Non vos olvidedes de usar os puntos, as comas, as maiúsculas....Procurade non repetir palabras. Para calquera dúbida tedes o diccionario de galego na barra da dereita. Podedes ilustrar cada día cun pequeno debuxo.

CASTELLANO 
 Repasamos a acentuación xogando.
Buscade a entrada do 20 de decembro de 2019 e xogade durante un rato.

NATURAIS
  • Como van a vosas sementes? Observades algún cambio nelas? Pode que xa xerminaran (empezar a abrir para botar ........ ) Non volo digo! Decídeme vós que é o primeiro que botan (follas, talo, raíces) Comprobade que teñan auga suficiente e anotade os cambios que vexades.
  • Continuade co traballo de investigación do animal. Sorprendédeme elexindo animais curiosos ou en perigo de extinción.
PLÁSTICA
Imos facer un cartel . Trátase de que animemos á xente da casa!!! Collede un folio ou unha folla da libreta. Colocádea en horizontal. Imos facer un enorme arco da vella que ocupe todo o folio. Pero non vale de calquera maneira. Investigade cantas cores ten e en que orde van colocadas. Cando o teñades, debuxade os arcos con lápiz e coloreádeos. 
No medio do arco imos escribir con letras maiúsculas: TODO SAIRÁ BEN!! Coloreádeas ben bonitas. Non esquezades firmar a vosa obra. Se queredes, podedes poñela na ventá para que a vexan os veciños.

VALORES 
 Buscade no diccionario a palabra EMPATÍA. Nestes tempos de crise é moi necesario que todos a poñamos en práctica. Podedes usar calquera dos que tedes na pestaña de recursos. Se nos vos queda claro, utilizade a wikipedia ou calquera outra páxina do buscador. Unha vez que o teñades claro, podedes ver estes cortos. 




PARA CANTAR NA FIN DE SEMANA
Vouvos facer un encarguiño para a fin de semana. Ides escoitar a canción "Aquarela" de Toquinho en versión orixinal , en portugués (tamén vola deixo en español) e logo reunides á familia, todos os que esteades na casa, e a cantades na versión Karaoke. Podedes incluso facer concursos para ver quen a canta mellor.




E nada máis por esta semana. Desfrutade moito da fin de semana. Aproveitade para xogar a algún xogo de mesa, cantar e bailar coa familia, axudar a cociñar aos masterchefs da casa, facer un concurso de chistes e o primeiro que ría perde, ver algunha peli chula.....
Lembrade visitar os blogues de EF, música e inglés. Na barra da dereita tedes tamén os enlaces que vos levan a EDUCLAN, con moitos contidos que RTVE pon á vosa disposición.

Vémonos o luns con novas propostas. Unha aperta dixital e moitos Mouchobicos!!!

5 comentarios:

  1. Hola soy Andrea. A mis lentejitas les esta saliendo un tallo verde y a los garbanzos y las habas todavía nada solo una raíz blanca. El animal que escogí es el Fenec zorro del desierto.
    OS echo de menos. Saludos mouchiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Brais, Andrea.... hola a todos!!!
      Gracias por contarme cosas y por estar ahí!!! Yo también os echo de menos a todos!!
      Un beso enoooooooorme!!

      Eliminar
  2. Hola Natalia, aburrir no nos aburrimos...gracias :) a mi también me están saliendo las lentejas. Saludos también para todos mis compis y para ti.

    ResponderEliminar