Lembrades o encarguiño que vos fixen onte? Había que buscar un material para facer un proxecto de ciencias. Pois ben, o proxecto está relacionado coa reproducción das plantas. Imos ver como, a partir dunha semente, sempre que teñamos as condicións adecuadas, vai nacer unha nova planta igual a anterior.
Cando premades nesta imaxe aparecerá una ficha e un vídeo sobre o que tedes que facer.
Como bos científicos que sodes ides observar e anotar os cambios que vexades. Xa me contaredes que tal se vos da!
- GALEGO:
Para esta asignatura, ademáis dalgunha ficha que vos irei poñendo, imos iniciar un pequeno diario a partir de hoxe. Cada día contaredes o que fixéchedes e como vos sentíchedes o día anterior. Lembrade que hai que esforzarse para escribilo en galego. Nesta ficha vos deixo exemplos e instruccións de como facelo. Por suposto, a fin de semana libramos!! Veña, empezamos contando o que fixemos a luns.
- MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
- Hoxe vos propoño un xogo HIT THE BUTTON (dalle ao botón). Podes repasar táboas, dobles, sumas. divisións.... Pásao ben e xoga todo o que queiras.
- CASTELLANO
Escoita este conto de Beatriz Montero. Logo deberás facer un pequeno resumo con tres parágrafos (inicio, nó e desenlace) que leve menos dunha carilla. Ao rematar, podes ilustralo. Non fai falta que o pases a limpo nun folio, basta con que o escribas na libreta.
E para rematar este intenso día de traballo, imos cantar unha canción que aprendíchedes o curso pasado para o Día da non violencia. Acordádesvos dela? Pois, a cantar!!
E non esquezades visitar os blogues de inglés, música e Educación Física. Tedes os enlaces á dereita da páxina ou podedes premer nas imaxe de abaixo.
E para rematar este intenso día de traballo, imos cantar unha canción que aprendíchedes o curso pasado para o Día da non violencia. Acordádesvos dela? Pois, a cantar!!
E non esquezades visitar os blogues de inglés, música e Educación Física. Tedes os enlaces á dereita da páxina ou podedes premer nas imaxe de abaixo.
EnglishVales
VALES ACTIVO
Vales musical
Ata mañá Mouchiños. Unha aperta dixital.
Alguén se anima a contarme como vai?
ResponderEliminarPara comentar, só te des que premer no pé da entrada, sobre a palabra comentario. Escribides o que queirades no cuadrado blanco e el elexides, na pestaña de "Comentar como.".., a que pon Nome/Url. Poñedes o voso Nome , lle dades a continuar e a publicar. E se non sodes de 3°B, poñede o voso curso xunto ao Nome. Veña, animádevos!!!
ResponderEliminar