martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DÍA 12. Martes 31 de marzo.

Bos e fríos días!!!
Alégrome moito de saber que andades por ahí. Sei que vos estades portando moi ben e que estades traballando xenial. Todos, familias e profesorado, estamos realmente orgullosos de todos vós . Xa queda menos para poder disfrutar do cole, dos amigos, dos xogos na rúa. Cando nos vexamos, teremos tanto que contarnos!! Ánimo e a seguir adiante.
Empezamos as propostas de hoxe

LENGUA CASTELLANA
Vuelve a leer en voz alta el libro de Rana de tres ojos de Olga de Dios y realiza la ficha 2

RANA DE TRES OJOS. FICHA 2

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
Hoxe tócanos repasar a multiplicación unha vez máis.
  •  O primeiro é repasar as táboas. Vai á entrada do venres 4 de outubro e canta as táboas. Tamén podes repasalas decíndoas en voz alta.
  • Xoga un rato á oca de táboas. Podes xogar só ti ou buscar a alguén pola casa para xogar un rato. 
                                                     LA OCA MATEMÁTICA

  • Agora vemos uns videos de repaso

  • Por último facemos a ficha de repaso
                                                  FICHA REPASO TEMAS 2 E 3

GALEGO
  • Volvemos a cantar a canción de onte e seguimos coa ficha.
  • Facemos o diario da corentena do luns.
PLÁSTICA
Para plástica vouche facer dúas propostas diferentes. Podes elexir a que ti queiras ou facer as dúas.
  • Debuxa e colorea nun folio unha rá seguindo as instruccións deste video.
  • Fai un lapicero en forma de rá. Necesitas un cartón do papel hixiénico, un folio verde ou pintado de verde, tesoiras e pegamento. Podes elexir un destes modelos ou facer outro inventado por ti.
Coolest toilet paper roll craft!!! | Artesanías de rana ...  Pin de kat Green en ideas creativas en 2020 | Manualidades  Como hacer un rana en foami - Imagui  RANA de cartón * Manualidades de reciclaje - YouTube


AVISO: A XUNTA DE GALICIA ABRE UN PLAZO PARA SOLICITAR AYUDAS DE COMEDOR. Decídelle ás vosas familias que se lles interesa a información, cliquen neste enlace.
                                                 
                                          AXUDAS DE COMEDOR ESCOLAR

E para rematar un día tan intenso imos ver outro video de este apaixoante xogo do xadrez.


luns, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DÍA 11: Lunes 30 de marzo

Bo día a tod@s!!!
Que tal vos sairon os animaliños de origami? Probáchedes a facelos?  Pois non os perdades porque intentaremos ir facendo unha colección. Buscádelle sitio nun estante da vosa habitación para ir colocándoos e cando volvamos ao cole quero velos, eh!

Iniciamos o traballo de repaso dunha semana máis.

LENGUA CASTELLANA
Esta semana imos traballar cun precioso conto de Olga de Dios titulado "La rana de tres ojos".
  • Le o conto en voz alta  dúas veces. Se hai alguén na casa que cho quera escoitar, mellor (pero practica antes para sorprendelos co ben que o fas). Hai que pararse nas comas e algo máis nos puntos, e ser expresiv@. Non te pares, pero tampouco corras. Vocaliza ben para que se che entenda.
  • Unha vez lido o conto e entendido, facemos a ficha de hoxe. Se non tedes impresora para poder imprimir as fichas non pasa nada. Poden copiarse e facerse na libreta.


  • MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS 
  • Esta semana imos facer unha revisión de contidos de matemáticas. Repaso e máis repaso, práctica e máis práctica. Primeiro haberá uns videos de repaso e despois xogos e fichas.
    Empezamos polo TEMA 1






      MATEMÁTICAS. FICHA REPASO TEMA 1

      GALEGO Imos empezar a semana cantando e bailando esta canción do grupo Fiandola.




      • A continuación faredes esta ficha durantes esta semana. Xa sabedes que se non podedes imprimila, pódese ir facendo na libreta.

      • Que tal levades o diario da corentena? Esta semana podemos poñelo ben ao día e revisalo se vemos que nos falta algo. Imaxino que estaredes a contar cousas moi interesantes!!!

      AVISO: AS PROFES DE INGLÉS PUBLICARON UNHA CARTA PARA AS VOSAS FAMILIAS NO SEU BLOG. CLICADE NA SECCIÓN DE BLOGUES DA DEREITA, NO DE INGLÉS E XA TEDES ACCESO A ELA.

      Quédanvos tres novas entregas de como aprender a xogar ao xadrez. Pronto seredes auténticos expertos. 

    venres, 27 de marzo de 2020

    ACTIVIDADES DÍA 10: venres 27 de marzo.

    Bo día a tod@s:
    Así, como que non que quere a cousa, chegamos ao final da segunda semana de confinamento. Todo o equipo de profes do CEIP Vales Villamarín estamos traballando para que este confinamento non supoña un retraso na vosa aprendizaxe. Sabemos que o estades facendo moi ben e estamos desexando que nos contedes en persoa que tal vos foi todo.

    Hoxe imos facer unha parada para repasar contidos e actividades que fixéchedes durante estas dúas semanas. Podedes completar cousas que non vos deu tempo e rematar, volver a ler ou escoitar historias, cancións , xogos, contos, videos.... o que queirades. Tanto a aula virtual coma os blogs do cole están á vosa disposición para que os usedes e traballedes neles como mellor vos conveña.
    Veña, empezamos o repaso
    LEMBRADE QUE SON PROPOSTAS E NON DEBERES OBLIGATORIOS!

    CASTELLANO
    • Lectura e comprensión lectora "Una excursión cómoda".  
    • Audioconto "Rosa Caramelo" de Beatriz Montero e resumo do mesmo . 
    • Repasando e xogando coa acentuación. 
    • Describir unha persoaxe de "Érase unha vez" de Goytisolo. 
    • Ficha sobre o poema "Érase unha vez". 
    • Ditado do poema Érase unha vez". 
    GALEGO
    • Diario da  corentena. Comprobade que o tedes mais ou menos actualizado.
    • Video de Rosalía de Castro e canción "Adiós ríos, adiós fontes"
    • Audioconto e ficha. 
    • Poema " A nena Enma". Actividades de comprensión- 
    • Ditado do poema. 
    NATURAIS
    • Proxecto da semente.
    • Repaso dos animais.
    • Investigación sobre un animal.
    SOCIAIS
    • A auga
    • Traballo de investigación "Costumes e tradicións"
    MATEMÁTICAS
    • Repaso de contas e problemas
    • Xogos "Hit the button"
    • Repasamos lonxitude. "Mide que mide"
    • Fichas de contas e solución de problemas
    • Problemas sobre o circo
    • Repasamos a división.
    VALORES
    • Videos sobre a empatía
    PLÁSTICA
    • Debuxar animais de forma fácil
    • Facemos un cartel
    Videos de cancións para cantar, para ver, para xogar, páxinas de recursos......

    Como reto para esta fin de semana vos deixo instruccións para facer animais vertebrados de papiroflexia . Tamén podedes ver o vídeo e paralo tantas veces como vos sexa necesario. Se non tedes folios de cores, podedes pintar o papel antes de empezar a doblar. Empezamos polo raposo e o moucho, como non. Ánimo que con paciencia, e seguindo ben as instruccións, seguro que vos saen!





    Boa fin de semana. Agora toca descansar e xogar coa familia despois doutra semana máis de traballo ben feito. Vémonos o luns.

    PDT. Déixovos 3 videos máis para aprender a xogar ao xadrez.

    xoves, 26 de marzo de 2020

    ACTIVIDADES DÍA 9: Xoves 26 de marzo

    Xa chegamos á metade da semana! Ánimo que xa falta menos. Imos continuar co noso ritmo de traballo. Que tal o estades levando?

    GALEGO
    Hoxe podemos escoitar este audioconto da aula virtual e facer a ficha correspondente. Premede nas imaxes.
    Resultado de imagen de buho escuchando                   Resultado de imagen de palabras en galego   

    SOCIAIS e NATURAIS     
    • Temos dous fabulosos traballos de investigación en marcha: Unha costume do mundo e un Animal
    • Como van as plantas? Se vedes que xa están moi grandes, facede unha última anotación do seu crecemento e plantádeas. Se tedes unha pouca terra na casa, é o momento de poñer as vosas plantiñas nela. O alimento que tiñan almacenado dentro xa non é suficiente para que sigan crecendo e necesitan da auga e das sustancias disoltas na terra para fabricar novo alimento. Se non tedes terra, non pasa nada. O proxecto remata aquí.

     MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
    Entre hoxe e mañán imos repasar un pouquiño a división.

    • Primeiro facede memoria con estes dous videos explicativos. Pero lembrade que nós, o paso de escribir a resta xa non o facemos porque restamos mentalmente. O proceso é o mesmo.





    • Segundo imos xogar cos xogos da entrada do xoves 19 de decembro. Os que queirades e tantas veces como queirades.
    • Por último, para practicar imos facer esta ficha da aula virtual
                                                        Resultado de imagen de harry potter

    Para pechar o día de hoxe, déixovos tres novas entregas de como aprender a xogar ao xadrez

    mércores, 25 de marzo de 2020

    ACTIVIDADES DÍA 8: Mércores 25 de marzo

    Para hoxe imos propoñer unhas actividades que  tamén tedes na aula virtual. Xa sabedes, tomádeo con calma e non fai falta facelo todo xunto. O venres non poñerei actividades específicas de maneira que podades repasar ou completar o feito durante a semana.


    CASTELÁN
    Busca a alguén pola casa que che poda ditar o poema "Un mundo ao revés" de J.A. Goytisolo. Telo na entrada de onte. Lembra que non podes facer trampa e hai que escribilo sen mirar. Escribe cada verso nun renglón. Unha vez rematado, comproba as faltas e corríxeas. Espero que non teñas ningunha!!!

    SOCIAIS
     Imos facer outro pequeno traballo de investigación nos próximos dous ou  tres días. O título é COSTUMES E TRADICIÓNS, Clicade na imaxe e atoparedes un documento para ler e traballar . Xa veredes que cousas interesantes atopades.
                                                          Resultado de imagen de tradiciones

    MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
    Lembrades o último circo que chegou a Betanzos? Pois ben, aquí vos quedan unhas preguntiñas sobre el. Sodes quen de resolvelas?

                                                Resultado de imagen de CIRCO



    XADREZ
    Gustaríavos aprender a xogar ao xadrez? Seguro que todos tedes un pola casa. E se non, cando volvamos ao cole podedes practicar na sala de xogos. Cada día vos poñerei videos explicativos. Empezaremos polos dous primeiros. Podedes velos tantas veces como queirades!


    martes, 24 de marzo de 2020

    ACTIVIDADES DÍA 7: Martes 24 de marzo

    Bo día:
    Como van eses ánimos? Quero que me contedes nos comentarios.
    Antes de nada comentarvos que as actividades que vos deixamos, tanto aquí como na aula virtual, non son para facelas todas obligatoriamente. Son propostas de traballo para ir facendo para non perder o ritmo e repasar contidos.
    Somos conscientes de que non todos tedes o ordenador ou unha tablet á vosa disposición todo o día, por eso non queremos que vos agobiedes co traballo. Tomádeo con calma, establecede un horario no que podades traballar e o resto do tempo hai que adicalo a outras actividades (cantar, bailar, pintar, xogar, ver unha peli, ler, ler, ler, axudar á familia coas tarefas da casa....). Así que xa sabedes, con constancia pero sen agobios. Se algo non se remata ou non se chega a facer.......non pasa nada!

    MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
    Continuamos coas fichas que vos deixei onte ou as repasamos. Se xa o fixéchedes podedes ir a calquera xogo matemático dos do blogue  e xogar un rato.
    Calquera dúbida que teñades, mandádema ao e-mail e vos axudo.

    GALEGO
    Facemos o diario de onte e repasamos a ficha de ENMA que fixemos onte comprobando, sobre todo, a ortografía. Eres quen de atopar algunha falta?
    Agora, unha vez repasado, buscamos a alguén da casa e lles pedimos que nos diten o poema de Enma. Copiámolo ao ditado (sen mirar eh, non fagas trampa!!!). Unha vez rematado, comprobamos de novo se temos algunha falta. No caso de habela, correxímola coma sempre ( copiamos 5 veces a palabra e facemos 3 oracións)

    SOCIAIS
    O pasado domingo 22 de marzo foi o día mundial da auga. Para celebralo e aprender un pouco máis sobre  este recurso tan indispensable para a vida no planeta vos deixo unha serie de videos e actividades.



    Resultado de imagen de ciclo del agua para niños

    CASTELLANO
    Lembrades o poema "Un mundo ao revés" de Goytisolo que traballamos onte? Cal foi a persoaxe que elexíchedes?
    Hoxe volveremos a traballalo un pouco máis cunha ficha que vos deixo no enlace. Podedes descargala para imprimir o facela directamente na libreta.


    E por hoxe nada máis. Xa sabedes que tedes actividades nos blogues de inglés, música e EF para todos os días.  Visitade tamén  a Aula Virtual de 3º e os recursos que vos deixo na dereita da páxina.
    Unha aperta dixital!

    luns, 23 de marzo de 2020

    ACTIVIDADES DÍA 6: Luns 23 marzo.

    Bo día parruliñ@s:
    Despois dunha fin de semana cantando, xogando, bailando, pintando ... iniciamos a actividade escolar de novo. Empezamos.

    LENGUA CASTELLANA
    Hoxe imos describir unha persoaxe. Lembrades como se facía?
    - O primeiro parágrafo empezarémolo cunha ou dúas oracións xerais para situarnos coa persoaxe. A continuación describímolo físicamente de maneira ordenada. Primeiro datos xerais (aspecto, altura, tamaño...) e logo características particulares. Procura non saltar da cabeza aos pés e logo volver ao nariz. Faino en orden.
    - O segundo parágrafo vainos falar de como é o seu carácter. Aquí imos ter que buscar moitos adxectivos . Déixovos este enlace donde podedes atopar moitíiiiiisimos. Só tedes que premelo e xa vos abre a páxina.
    100 adjetivos de carácter para describir personas

    - O terceiro e último parágrafo pode falar das cousas que lle gusta facer, e o que vós pensades ou vos gusta del ou dela.

    Pero de quen imos falar?? Pois primeiro quero que escoitedes este poema de José Agustín Goytisolo
    ao que Paco Ibáñez lle puxo música. Tamén vos deixo o poema máis abaixo.



    Resultado de imagen de un mundo al revés poema
    Pois ben. Tedes que elexir unhas das persoaxes que aparecen no Mundo ao Revés de Goytisolo e describila. Despois podedes facer o debuxo. E como non, cantar a todo pulmón!! A imaxinar!!!!

    MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
    Como vos foron as medicións do venres? Seguro que xenial!! Hoxe imos volver a repasar un pouquiño de contas e solución de problemas.

    Resultado de imagen de problemas de matematicas     Resultado de imagen de cuentas de  matematicas
    Como é moito para un día, facede unha ficha hoxe e outra mañá. Se non podedes imprimila tamén podedes copiar e resolver na libreta.

    GALEGO
    Hoxe podemos facer o diario do venres. Ademáis vos deixo unha pequena ficha de comprensión lectora. Tedes que copiar o poema na libreta, lelo en voz alta dúas ou tres veces e despois copiar e responder ás preguntas. Xa sabes que non se pode responder cunha palabra, hai que facer oracións completas.

                                                            A  NENA ENMA

    NAURAIS

    • Como vai a investigación do voso animal? 

    Unha vez que teñades rematada a ficha anímovos a que preparedes unha exposición. Reunides á familia no salón e expoñedes o voso traballo. Procurade non mirar moito o papel. Unha vez rematedes a exposición abrides unha rolda de preguntas (só poden preguntar se erguen a man  :) ) Se vedes que non podedes contestar a algunha pregunta lles decides: " Non teño agora mesmo esa información, pero en breves poderei decircho" Cando poidades a buscades e lles contestades.
    Seguro que toda a familia desfruta da vosa exposición. Cando volvamos á clase encantaríame a min escoitala!!!!


    • Hoxe é un bo día para facer algunha anotación das vosas sementes. Seguro que xa creceron un montón!! Se algunha pudriu por culpa de ter moita auga ou secou por non tela, anotádeo tamén no voso caderno . E facede algún debuxiño.

    ANUNCIO: En Clan TV hai clases en directo para refrescar contidos que xa demos na escola. Moi interesante!! 
    • A franxa horaria para alumnado de 6 a 8 anos é de 9h a 10h; de 8 a 10 anos, de 10h a 11h.
    • Cada día adícase a unha materia: Luns - mate, martes - Sociais, mércores - artística e EF, xoves - Lingua e idiomas , e os venres - Naturais


    E por hoxe creo que é suficiente. Deixádeme os vosos comentarios. Queremos saber de vós!!! Eu quedo cantando e bailando Aquarela de Toquinho e esperando a que chegue mañá para volver a falar con vós. Unha aperta dixital!!!!


    sábado, 21 de marzo de 2020

    TODO VAI SAÍR BEN

    Ola Mouchiños!!
    Empezan a chegarme ao e-mail os carteis que estades facendo. Mirade que guapa está Lía co seu marabilloso cartel!
    Iréi subindo todos os que me mandedes.
    Moitos Mouchobicos

    xoves, 19 de marzo de 2020

    ACTIVIDADES DÍA 5. Venres 20 de marzo

    Bo día Mouchiños:
    Xa sei que hoxe era ponte, e non tiñamos escola pero como non quero que vos aburrades moito vou lanzar unhas propostas.

    MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS
    Imos repasar un pouco o último que demos na clase: o sistema métrico decimal. Déixovos uns videos de repaso e unhas actividades. Podedes aproveitar para medir cousas ou persoas pola casa e apuntar os resultados na libreta.
    Imos aló: Mide que mide!!

                  Captura de pantalla 2014-03-24 a la(s) 19.37.33

    GALEGO
    Temos que facer o diario de antonte e mailo de onte. Non vos olvidedes de usar os puntos, as comas, as maiúsculas....Procurade non repetir palabras. Para calquera dúbida tedes o diccionario de galego na barra da dereita. Podedes ilustrar cada día cun pequeno debuxo.

    CASTELLANO 
     Repasamos a acentuación xogando.
    Buscade a entrada do 20 de decembro de 2019 e xogade durante un rato.

    NATURAIS
    • Como van a vosas sementes? Observades algún cambio nelas? Pode que xa xerminaran (empezar a abrir para botar ........ ) Non volo digo! Decídeme vós que é o primeiro que botan (follas, talo, raíces) Comprobade que teñan auga suficiente e anotade os cambios que vexades.
    • Continuade co traballo de investigación do animal. Sorprendédeme elexindo animais curiosos ou en perigo de extinción.
    PLÁSTICA
    Imos facer un cartel . Trátase de que animemos á xente da casa!!! Collede un folio ou unha folla da libreta. Colocádea en horizontal. Imos facer un enorme arco da vella que ocupe todo o folio. Pero non vale de calquera maneira. Investigade cantas cores ten e en que orde van colocadas. Cando o teñades, debuxade os arcos con lápiz e coloreádeos. 
    No medio do arco imos escribir con letras maiúsculas: TODO SAIRÁ BEN!! Coloreádeas ben bonitas. Non esquezades firmar a vosa obra. Se queredes, podedes poñela na ventá para que a vexan os veciños.

    VALORES 
     Buscade no diccionario a palabra EMPATÍA. Nestes tempos de crise é moi necesario que todos a poñamos en práctica. Podedes usar calquera dos que tedes na pestaña de recursos. Se nos vos queda claro, utilizade a wikipedia ou calquera outra páxina do buscador. Unha vez que o teñades claro, podedes ver estes cortos. 




    PARA CANTAR NA FIN DE SEMANA
    Vouvos facer un encarguiño para a fin de semana. Ides escoitar a canción "Aquarela" de Toquinho en versión orixinal , en portugués (tamén vola deixo en español) e logo reunides á familia, todos os que esteades na casa, e a cantades na versión Karaoke. Podedes incluso facer concursos para ver quen a canta mellor.




    E nada máis por esta semana. Desfrutade moito da fin de semana. Aproveitade para xogar a algún xogo de mesa, cantar e bailar coa familia, axudar a cociñar aos masterchefs da casa, facer un concurso de chistes e o primeiro que ría perde, ver algunha peli chula.....
    Lembrade visitar os blogues de EF, música e inglés. Na barra da dereita tedes tamén os enlaces que vos levan a EDUCLAN, con moitos contidos que RTVE pon á vosa disposición.

    Vémonos o luns con novas propostas. Unha aperta dixital e moitos Mouchobicos!!!

    mércores, 18 de marzo de 2020

    ACTIVIDADES DÍA 3. Mércores 18 de marzo

     Bo día Mouchiños. Aínda que non me deixades comentarios 😌, sei que andades por ahí 😄. Como vai todo? Contádenos algo para que saibamos que tal o levades.....
    Non sei se as actividades que vos estamos propoñendo son moitas, poucas, se facedes algunha, todas, ningunha...... Xa sabedes que son propostas e que non se trata de estar tooooodo o día facendo cousas da escola pero sí que traballedes algo para non interrumpir o proceso de aprendizaxe.
    Ánimo, que sei que o estades facendo xenial!!!

    Propostas para hoxe.

    GALEGO
    • Continuar co diario e contar o que fixéchedes onte.
    • Ver este video sobre Rosalía que elaborou o alumnado do CEIP Sofía Casanova De Culleredo.

    • Escoitar este famoso poema de Rosalía ao que Amancio Prada lle puxo música para convertilo nunha fermosa canción. Eres quen de aprender un cachiño? Seguro que se a cantas na casa, alguén da túa familia sabe tamén un trociño e podedes cantar xuntos. Fai a proba e logo me contas nos comentarios .


    NATURAIS
    Comprobade que as vosas sementes teñen auga e observade se hai algún cambio dende onte.

    Videos de repaso dos animais, para ver e desfrutar.




    Propóñovos un traballo de investigación sobre un animal durante estes días. Cada día podedes facer un pouquiño. Se premedes na imaxe de abaixo, déixovos unha ficha de como podedes facelo. Podedes imprimila ou copiala na libreta. Hai outra ficha da miña investigación sobre o koala, para que a teñades como exemplo . Non o fagades todo xunto. Vale calquera tipo de animal, vertebrado, invertebrado........ Intentade buscar algún especialmente interesante.   Tedes un enlace á wikipedia na barra da dereita.

    Resultado de imagen de dibujo animales vertebrados e invertebrados                                       Resultado de imagen de koala


    Mañá é festivo e non tedes que traballar. Se vos apetece, podedes continuar con algunha das actividades iniciadas, fedellar un pouco polo blogue, repasar videos, cancións, xogos...... Se vos gusta pintar, déixovos un enlace a unha páxina moi chula chamada PEQUEOCIO que vos ensina a debuxar animais dunha forma moi fácil. Preme na imaxe

    Resultado de imagen de dibujar animales faciles

     Deixade os vosos comentarios. Unha aperta dixital!!!