Como todos sabemos, cada ano o 30 de xaneiro, celebramos o Día Internacional da Paz e Non Violencia. Elexiuse esta data porque foi o día en que morreu MAHATMA GANDHI, líder espiritual da India e home de Paz. Anímovos a que investiguedes un pouco sobre a súa vida.
No colexio, imos debatir un pouco sobre o significado da Paz e que podemos facer cada un de nós para axudar a lograla. Polo de pronto, reunirémonos no patio a cantar todos xuntos e celebrar unha "Festa da Paz" Cantaremos a canción que vos deixo no enlace.
Ademáis déixovos outras canciónse para celebrar este día tan bonito e algunhas actividades para reflexionar.O meu desexo é que hoxe, 30 de xaneiro, e todos os días que virán detrás, sexan días de Paz.
CANCIÓNS PARA A PAZ
CONTO PARA A PAZ SUPER RECOPILATORIO DE ACTIVIDADES POLA PAZ
Ningún comentario:
Publicar un comentario