venres, 31 de xaneiro de 2020

ENTROIDO

Como todos sabedes o PDI (Proxecto Documental Integrado) deste ano titúlase EU SON GALICIA. Durante todo o curso e dende todas as asignaturas, traballamos este tema e o Entroido non ía ser menos! Os disfraces deste ano 2020 irán directamente relacionados coa tradición e a temática galega.
En 3º o noso disfraz é de TROTEIROS DE BANDE. 
Bande é un concello de Ourense, provincia que posúe unha das tradicións máis arraigadas de Entroido . Cada municipio ten as súas persoaxes características para celebrar estas festas e no caso de Bande son os TROTEIROS. Son persoaxes que "trotan" polas rúas e camiños facendo burlas e meténdose coa xente.
   Van ataviados con roupas discretas, completamente de branco (normalmente camisa e pantalón) con calzas de coiro ou botas. Na cabeza levan un sombreiro adornado con postais e espellos, seguramente para protexerse do "mal de ollo" e outros perigos. A súa cara vai tapada cun tapete de ganchillo para manter o anonimato. Se lle engade un cinturón de coiro ao que se lle colgan uns "chocallos" que teñen como función anunciar a súa chegada. Da vestimenta do troteiro colgan unhas cintas de cores.




Resultado de imagen de troteiros de bande"





A continuación temos unha pequena mostra do ben que nos quedou o noso disfraz. Clicade na imaxe e veredes un pequeno video.




xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ

Como todos sabemos, cada ano  o 30 de xaneiro, celebramos o Día Internacional da Paz e Non Violencia. Elexiuse esta data porque foi o día en que morreu MAHATMA GANDHI, líder espiritual da India e home de Paz. Anímovos a que investiguedes un pouco sobre a súa vida.
No colexio, imos debatir un pouco sobre o significado da Paz e que podemos facer cada un de nós para axudar a lograla. Polo de pronto, reunirémonos no patio a cantar todos xuntos e celebrar unha "Festa da Paz" Cantaremos a canción que vos deixo no enlace.

Ademáis déixovos outras canciónse  para celebrar este día tan bonito e algunhas actividades para reflexionar.O meu desexo é que hoxe, 30 de xaneiro, e todos os días que virán detrás, sexan días de Paz.


CANCIÓNS PARA A PAZ

CONTO PARA A PAZ                    SUPER RECOPILATORIO DE ACTIVIDADES POLA PAZ
Resultado de imagen de educamos para la paz                                            Resultado de imagen de paz