luns, 25 de novembro de 2019

VILA MOUCHA EN NEGRO

25 DE NOVEMBRO: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

         A nosa vila vístese hoxe de negro para lembrar que hai que seguir traballando para lograr que os dereitos humanos se cumplan de verdade. A violencia contra as mulleres segue a ser un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento e paz. Por iso, ningunha sociedade pode consentir  que se exerza ningún tipo de violencia contra as mulleres polo mero feito de ser mulleres. E aquí estamos nós para lembrarllo  e para construir unha sociedade na que calquera forma de violencia (non só a que se exerce contra as mulleres) desapareza.
       Gustaríanos poder borrar do noso vocabulario diario as palabras negras e  encher a nosa fala de preciosas palabras de cores. Aquí tedes a nosa proposta deste ano.



Ningún comentario:

Publicar un comentario